Formiato

From Wikipedia, the free encyclopedia

Formiato
Remove ads

O formiato (ou formato) ou metanoato é o anión derivado do ácido fórmico. A súa fórmula represéntase xeralmente como HCOO. É o produto da desprotonación do ácido fórmico. É o anión carboxilato máis simple. Tamén se denominan formiatos aos compostos que son sales ou ésteres do ácido fórmico.

Datos rápidos Identificadores, MeSH ...
Thumb
estrutura do formiato.
Remove ads

Bioquímica

O formiato prodúcese en grandes cantidades nas mitocondrias das células hepáticas das células embrionarias e nas células cancerosas polo ciclo do folato.[1]

O formiato oxídase reversiblemente pola acción do encima formiato deshidroxenase:[2]

HCO2- → CO2 + H+ + 2 e-

Ésteres e sales de formiato

Os ésteres de formiato teñen a fórmula ROC(O)H. Moitos destes ésteres fórmanse cando se disolven alcohois espontaneamente en ácido fórmico.

Os sales de formiato teñen a fórmula M(O2CH). Eses sales teñen tendencia á descarboxilación. Por exemplo, o sal formiato de níquel hidratado, descarboxílase a aproximadamente 200 °C para dar un po fino de metal níquel:

Ni(O2CH)2(H2O)x → Ni + 2 CO2 + x H2O + H2

Estes finos pos son útiles como cataliadores de hidroxenación.

Remove ads

Exemplos

  • etil formato, CH3CH2(HCOO)
  • formiato de sodio, Na(HCOO)
  • formiato de cesio, Cs(HCOO)
  • metil formiato, CH3(HCOO)
  • metil cloroformiato, CH3OCOCl
  • trietil ortoformiato
  • trimetil ortoformiato, C4H10O3

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads