Kumquat

From Wikipedia, the free encyclopedia

Kumquat
Remove ads

O kumquat[1], laranxeira anana ou laranxeira chinesa (Fortunella spp.) é un xénero de árbores froiteiras e arbustos da familia das rutáceas, estreitamente emparentado cos cítricos (Citrus spp.). De feito moitas veces inclúese neste xénero coma Citrus japonica, e son quen de hibridar nel. É orixinario da China.

Máis información Clasificación científica, Especies ...
Datos rápidos Valor nutricional por 100 g, Enerxía ...
Remove ads

Nome vulgar

O nome kumquat provén da latinización (kumquat) do seu nome orixinal en cantonés gam1 gwat1 (金|金, 橘|橘, "laranxa dourada"). En portugués recibe os nomes de kinkan ou xinxim. En castelán ademais de kumquat, emprégase quinoto. En francés emprégase kumquat e en inglés emprégase cumquat e kumquat indistintamente.

Historia

Os kumquats introducíronse en Europa en 1846 por Robert Fortune, pertencente á Royal Horticultural Society inglesa, e pouco despois en América do Norte. Inicialmente incluído no xénero Citrus, foron transferidos ao xénero Fortunella en 1915. Nos estudos de Burkill 1931 e Mabberley 1998, favorécese o seu retorno ao seo do xénero Citrus.

Hoxe cultívanse no sur de Europa e nalgunhas rexións dos Estados Unidos, a Arxentina, e o Brasil como froiteira, ademais de na súa zona de orixe.

Remove ads

Descrición

Thumb
Dous cumquats.

As laranxeiras chinesas son árbores ou arbustos perennifolias, que medran amodo, e que acadan os 5 m de altura. Están densamente ramificados; as pólas son angulosas, lisas ou ás veces espiñentas. As follas son lanceoladas, alternas, finamente dentadas preto do ápice, verdes escuras pola face e un chisco máis claras polo envés, coriáceas, alternas, de entre 4 e 9 cm de longo. As flores son axilares, solitarias ou en acios de 1 a 4, pentámeras, recendentes, de cor branca, hermafroditas.

O froito é un hesperidio oblongo ou ovoide, de até 5 cm de longo, cuberto por unha magra e recendente pela amarela, alaranxada ou arroibada con glándulas oleicas claramente visíbeis, comestíbel. A polpa está segmentada, e é lixeiramente aceda, de cor roxa. As sementes son escasas, oblongas ou esferoidales, abrancazadas, co miolo averdado. Aparece a comezos do outono e madurece cara finais deste ou comezos do inverno segundo a especie.

Hábitat e distribución

Thumb
Floración de Fortunella margarita.

Non se coñece o kumquat bravo. Seica é orixinario da China, onde hai rexistros do seu cultivo dende o século XII; no Xapón era xa unha cultura asentada contra o século XVIII. As primeiras referencias en Europa datan de 1646, cando foron descritos por misioneiros portugueses que souberan deles na China. Non foron importados até mediados do século XIX, cando o coleccionista Robert Fortune, da London Horticultural Society levou os primeiros exemplares ao Reino Unido e despois aos Estados Unidos.

Hoxe os principais focos de cultivo fóra do Extremo Oriente son o sur dos Estados Unidos (California, Texas e Florida), algúns países da conca Mediterránea (en especial Grecia), Brasil, Colombia, Suriname, Arxentina, Guatemala, Australia e Suráfrica. En ocasións úsase coma planta ornamental pola beleza do seu froito e a súa flor, de bo recendo. Cultívase tamén coma bonsai.

Remove ads

Cultivo

Thumb

O kumquat rara vez se cultiva de semente para o uso coma froiteira, pola lentitude do seu desenvolvemento e o seu escaso vigor. Adoita reproducirse por enxerto sobre base de laranxeira trifoliada (Poncirus trifoliata), laranxeira amarga (Citrus × aurantium) a toronxeira (Citrus × paradisi). Plántanse en cadros ou en fileira, cunha separación de arredor de 3,5 m. Nesas condicións, atura ben solos relativamente pobres, mais require de boa humidade constante, e bastante sol. É lixeiramente acidófila.

Malia preferir un verán cálido, atura as xeadas moito mellor ca os Citrus; Fortunella margarita atura até 10 °C baixo cero en inverno, máis aínda que a satsuma ou mikan (Citrus x unshiu), polo que se cultiva coma froiteira nas rexións setentrionais da China. A hibernación é profunda; durante varias semanas ao comezo da primavera a árbore fica aínda retraída, e non bota flores nin gromos durante este período. As xeadas da primavera poden resultarlle moi daniñas.

O kumquat é resistente á cancrose, mais outras pragas dos cítricos aféctanlle, en especial Elsinoë fawcetti, Cephaleuros virescens, Cercospora citri-grisea, Colletotrichum gloeosporioides, Diaporthe citri e Physalospora rhodina.

Remove ads

Sistemática

Clasificadas inicialmente e hoxe doutra volta entre os Citrus, Walter Tennyson Swingle trasladounas ao xénero Fortunella en 1915. Recoñécense hoxe catro especies:

  • Fortunella crassifolia, chamada de 'Meiwa';
  • Fortunella hindsii, chamada de 'kumquat de Hong Kong';
  • Fortunella japonica, chamada de 'Marumi'; e,
  • Fortunella margarita, chamada de 'Nagami'. Existen tamén varios híbridos de Fortunella e Citrus ou Poncirus.
Remove ads

Uso

A laranxa anana, kumquat, en especial o cultivar 'Meiwa' consómese coma froita fresca; noutras especies a polpa é demasiado aceda, e se come só a pela. Máis frecuente é a preparación en almibre, para o cal se deixan enxugar lixeiramente, macéranse con bicarbonato de sodio ou cal e se cocen a moi baixa temperatura nun almibre mesto; o cumquat nesta preparación é unha sobremesa típica da cociña de Hong Kong. Arránxanse tamén en salgadeira, sexan acedos —conservados nunha mestura de vinagre e salmoira durante unhas 8 semanas— ou doces, nunha base líquida de vinagre, almibre, cravo (Syzygium aromaticum) e canela (Cinnamomum verum).

Empréganse tamén para a elaboración de marmelada e un mollo semellante ao chutney, con cumquat, laranxa, mel, sal, manteiga e especias. Algúns produtos modernos inclúen o licor de kumquat.

En Guangdong os kumquats consérvanse en sal, obtendo unha froita reducida e engurrada que se emprega coma menciña para as dores de gorxa, antitusivo e estimulante unha vez rehidratada.

O aceite esencial das follas e gomos frescos, ás veces, emprégase en perfumaría.

Nome científico

Fortunella: nome xenérico outorgado ao botanista Robert Fortune.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads