Fosa común
lugar de enterramento colectivo de cadáveres humanos From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Fosa ou foxa común[1] é o lugar onde se enterran os cadáveres que por diversas razóns non teñen sepultura propia. As fosas comúns foron, ao longo da humanidade, un método moi usado para dispor dos cadáveres de dúas ou máis persoas.

As fosas comúns utilízanse en caso de catástrofes naturais e epidemias cando existe risco de contaxios masivos. Durante a época da peste negra, por exemplo, abríronse fosas comúns para conter os cadáveres dos infectados con este mal.
Máis comunmente, as fosas comúns son propias de guerras. Durante a segunda guerra mundial, por exemplo, os nazis utilizáronas como cemiterio de xudeus asasinados, nalgunhas ocasións mesmo lanzaban corpos aínda con vida.

Tamén as guerrillas fixeron uso das fosas comúns, a miúdo nas súas accións contra a poboación civil. En réximes totalitarios, é ás veces o propio exército o que enterra os seus represaliados por razóns ideolóxicas en fosas anónimas. As fosas sen sinalizar conseguen deste xeito ocultar o resultado das súas atrocidades pasando inadvertidas durante décadas e impedindo aos familiares honrar os seus defuntos. Moitas das que se atoparon fórono grazas ao testemuño de testemuñas ou de arrepentidos.
Nalgúns pobos, aínda persiste a tradición de contar cunha fosa común nos cemiterios para enterrar os cadáveres das persoas non identificadas e/ou non reclamadas. Este tipo de fosas comúns recibe en castelán o nome de hoyanca.[2]
Remove ads
Exemplos de fosas comúns
- Desde o ano 2007, están a atoparse fosas comúns en diversos puntos de Colombia xeradas polas accións levadas desde preto do ano 2000 principalmente por membros de grupos paramilitares pertencentes ás AUC por mor das confesións que fixeron no proceso de desmobilización.[3]
- No 2006 atópase no cemiterio de San Rafael (Málaga) a maior fosa común en España onde se enterraron numerosas vítimas do franquismo.[4]
- Nas proximidades de Paracuellos de Jarama (arroio de San José) e de Torrejón de Ardoz (Soto de Aldovea) existen sete fosas comúns contendo os restos dunhas 2.500 persoas vítimas da represión republicana durante a guerra civil española, fusiladas sen xuízo entre o 7 de novembro e o 3 de decembro de 1936.[5]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads