Fosfocolina
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A fosfocolina ou fosforilcolina é unha molécula intermediaria na síntese dos fosfolípidos fosfatidilcolina e esfingomielina nas células animais. A fosfocolina está formada pola colina unida a un fosfato [1].
Orixínase nunha reacción catalizada polo encima colina quinase, que converte ATP + colina en fosfocolina e ADP. Despois a fosfocolina reaccióna co CTP orixinando CDP-colina, e noutra reacción encimática transfírese a fosfocolina a un diacilglicérido formando a fosfatidilcolina e CMP libre.
A fosfocolina pode transferirse dunha fosfatidilcolina a unha ceramida, orixinando unha esfingomielina.
Nos nematodos e na placenta humana a fosfocolina pode utilizarse como unha modificación postraducional para suprimir a resposta inmune no hospedador.[2][3]
A fosfocolina é tamén unha das dianas á que se unen as proteínas C-reactivas (CRP).[4] Cando as células están danadas, as proteínas C-reactivas únense á fosfocolina dando inicio ao recoñecemento celular e á resposta inmunolóxica fagocítica.
A fosfocolina como grupo funcional (fosforilcolina) forma parte de diversos produtos aplicados en doenzas cardíacas tratadas con stents.[5]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads