Fragas, Campo Lameiro
parroquia civil do concello de Campo Lameiro From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Santa Mariña de Fragas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Campo Lameiro. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 605 habitantes (299 mulleres e 306 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 658 habitantes.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fragas.
Remove ads
Patrimonio
A igrexa parroquial de Santa Mariña de Fragas conserva a fachada románica (do século XII), estando completamente reformado o resto do templo. Sobre a porta existe un sinxelo tímpano no que se representa a un bispo bendicindo ós fieis, acompañado dunha figura cunha cruz e outra cos evanxeos.
No territorio desta parroquia atópase un dos numerosos complexos de petróglifos que existen en Campo Lameiro. Denomínase a Pedra da Boullosa e posúe abondosas insculturas de animais (entre os que destaca unha serpe de case 5 metros de lonxitude), círculos e cazoletas. Tamén pode verse unha figura humana cun pau na man dereita.
Remove ads
Galería de imaxes
- Fachada da igrexa.
- Tímpano da portada.
- Detalle dos capiteis.
- Imaxe de Santa Mariña na porta lateral da igrexa.
- Pedra da Boullosa.
- Pedra de San Francisco.
Lugares e parroquias
Lugares de Fragas
Parroquias de Campo Lameiro
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
