Francesc Layret
político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Francesc Layret i Foix, nado en Barcelona o 10 de xullo de 1880 e finado na mesma cidade o 30 de novembro de 1920, foi un político e avogado de ideoloxía nacionalista catalá.

Remove ads
Traxectoria
Fillo de familia acomodada, tivo que utilizar durante toda a súa vida muletas ó verse afectado na súa infancia por unha parálise. Compartiu aulas con Lluís Companys no Liceo Poliglot. Máis tarde cursou as carreiras de Dereito e Filosofía e Letras na Universidade de Barcelona.
En 1902 participou na fundación do Ateneu Enciclopèdic Popular, do que foi presidente en 1906, e na da Associació Escolar Republicana. En 1905 ingresou en Unió Republicana, partido polo que foi elixido concelleiro de Barcelona. Participou no departamento de Facenda do consistorio e foi un dos promotores en 1908 dos orzamentos de Cultura que dotaban á cidade de escolas municipais nos que o ensino se impartiría en catalán.
Participou en Solidaritat Catalana e, xunto con algúns disidentes da Lliga Regionalista, fundou en 1906 o Centre Nacionalista Republicà, unido posteriormente á Unión Federal Nacionalista Republicana. En 1917 foi un dos impulsores do Partit Republicà Català. O órgano de expresión do partido era o xornal La Lucha, fundado por Layret en 1916. O xornal caracterizábase polas súas campañas a prol do republicanismo e o nacionalismo. En 1919 foi elixido Deputado a Cortes por Sabadell.
En 1920 o gobernador civil de Barcelona, Martínez Anido, realizou unha masiva detención de sindicalistas, nacionalistas e republicanos, entre os que se encontraban Lluís Companys, Salvador Seguí e Martí Barrera. No momento en que Layret abandonaba o seu domicilio para interesarse polos detidos, foi asasinado por pistoleiros brancos do Sindicato Libre, a patronal catalá. Organizouse unha folga en protesta pola morte de Layret, e o seu funeral converteuse nun acto político. Os asasinos de Layret nunca foron detidos.
Remove ads
Bibliografía
- Ferran Aisa. Ateneu Enciclopèdic Popular (1902-1999). Una història de Barcelona. ISBN 84-931045-0-7
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads