Freebase
base de datos en liña From Wikipedia, the free encyclopedia
Freebase foi unha base de coñecemento colaborativa composta por metadatos creados principalmente polos membros da súa comunidade. Tratábase dunha base de datos en liña recompilados dende diferentes fontes, incluíndo contribucións wiki individuais.[1] O obxectivo de Freebase era crear un recurso global que permitise á xente e ás máquinas acceder á información dun xeito máis efectivo. Desenvolveuna a compañía de software estadounidense Metaweb e botou a funcionar en marzo de 2007. Porén, o 16 de xullo de 2010 foi adquirida por Google.[2] O proxecto Knowledge Graph de Google comezou a funcionar en parte grazas a Freebase.[3]
Freebase | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | base de datos en liña, wiki semántica, grafo de coñecemento, repositório de dados (pt) , disciplina académica, especialidade e campo de estudo | ||
Personalidades | |||
Propietario/a | Metaweb | ||
Data | |||
Fundación | marzo de 2007 | ||
Composto por | |||
Composto por
| |||
Contacto | |||
Redes | |||
[ Wikidata ] |
Os datos de Freebase estaban dispoñíbeis para uso comercial e non comercial baixo a licenza Creative Commons, abríndose tamén un API e un RDF para programadores.
O 16 de decembro de 2014, Knowledge Graph anunciou que pecharía Freebase nos vindeiros seis meses e que axudaría a trasladar os datos a Wikidata.[4] Dende marzo de 2015, os datos de Freebase son só de lectura e non admiten a incorporación de nova información. O 16 de decembro de 2015, Google anunciou oficialmente que Knowledge Graph API substituiría a Freebase API e finalmente freebase.com desapareceu oficialmente o 2 de maio de 2016.[5]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.