Fridtjof Nansen (F-300)

fragata From Wikipedia, the free encyclopedia

Fridtjof Nansen (F-300)
Remove ads

Fridtjof Nansen (F-300) é unha serie de cinco buques construídos por Izar (actual Navantia) en Ferrol para a Armada Real de Noruega con denominación F-300. Deseño baseado na Álvaro de Bazán (F-101) da Armada Española.

Datos rápidos Historial, Características xerais ...
Remove ads

Proxecto

Thumb
Maqueta F100 EXPONAV.

En 1999 o goberno de Noruega iniciou un programa para modernizar as forzas navais do país. Nun concurso internacional aberto presentáronse doce proxectos dos cales foron quedando tres: Alemaña, Países Baixos (Damen) e España (Izar). Estes tres países estaban a definir un proxecto común de fragata, un buque centrado na loita aérea. O proxecto europeo foi abandonado por España ao non estar operativo o sistema defensivo optando polo sistema Aegis norteamericano, xa operativo. O proxecto final presentado á Real Armada de Noruega incluía o sistema Aegis montado nun buque de menor desprazamento que as F-100 da Armada Española. O 29 de febreiro de 2000 foi asinado o contrato por 2375 millóns de euros. O acordo incluía a compra de material militar noruegués por 1325 millóns de euros.

O acordo tamén incluía a construción de dous dos buques en Noruega con asesoramento de Izar. O acordo previo con dous estaleiros noruegueses non chegaría a iniciarse. As peticións dun deles fixeron inviable a fabricación e a creba doutro fixo que todos os buques foran finalmente construídos en Ferrol simultaneando a súa construción coa serie F-100 da Armada Española.

En maio de 2005 morreron catro traballadores do estaleiro nun accidente na construción do Roald Amundsen.[1]

En 2006 a KNM Fridtjof Nansen chegou a Noruega con manchas de óxido no seu casco. Foi acusado o estaleiro de ter pintado de xeito deficiente o buque. Segundo Navantia o erro estaba na selección da pintura norueguesa ao non aceptar a empregada pola Armada Española.[2]

Remove ads

Buques da serie

Máis información Nome, Numeral ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads