Friedrich Wöhler
químico alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Friedrich Wöhler, nado en Eschersheim (hoxe parte de Frankfurt) o 31 de xullo de 1800 e finado en Gotinga o 23 de setembro de 1882, foi un químico alemán.
Remove ads
Traxectoria
Mentres estudaba medicina en Heidelberg interesouse pola química, trasladándose a Estocolmo para estudar co químico sueco Berzelius. En 1836 foi profesor de química na universidade de Gotinga.
Precursor no campo da química orgánica, Wöhler é famoso pola súa síntese do composto orgánico urea, a partir amoníaco e ácido cianhídrico, dúas substancias minerais. Non foi este o primeiro composto orgánico que sintetizou a partir de compostos inorgánicos, xa que o primeiro foi o oxalato de amonio, pero non revelou dito acontecemento debido a que non sabía daquela o nome que debería levar, e por iso chamouno sólido branco descoñecido.

Con esta síntese demostrou, en contra do pensamento científico da época, que un produto propio dos procesos vitais se podía obter no laboratorio a partir de materia inorgánica. Isto provocou unha revolución na química e na bioloxía, e foi un golpe decisivo para refutar as concepcións vitalistas.
Tamén fixo investigacións importantes sobre o ácido úrico e o aceite de améndoas amargas, en colaboración co químico alemán Justus von Liebig.
Illou ademais dous elementos químicos, o aluminio e o berilio. Descubriu o carburo de calcio e, a partir deste, obtivo o acetileno. Tamén desenvolveu un método para preparar o fósforo que aínda se segue a utilizar hoxe.
En 1830 determinou que o eritronio, descuberto por Andrés Manuel del Río en México en 1801, e o vanadio, descuberto por Nils Gabriel Sefström en Suecia 30 anos despois, eran o mesmo elemento.[1]
Escribiu varios libros de texto de química orgánica e inorgánica.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads