Berilio
elemento químico de número atómico 4 From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O berilio é un elemento químico de símbolo Be e número atómico 4. É un elemento alcalinotérreo de valencia 2 (nº ox. +2), tóxico, de cor gris, duro, lixeiro e quebradizo. Emprégase principalmente como endurecedor en aliaxes, especialmente de cobre.

Remove ads
Historia
O berilio (do grego βερυλλoς, berilo) ou glucinio (do inglés glucinium e este do grego γλυκυς, doce) polo sabor das súas sales, foi descuberto por Vauquelin en 1798 en forma de óxido no berilo e a esmeralda. Friedrich Wöhler e A. A. Bussy de forma independente illaron o metal en 1828 mediante a reacción de potasio con cloruro de berilio.
Características principais
O berilio ten un dos puntos de fusión máis altos entre os metais lixeiros. O seu módulo de elasticidade é aproximadamente un 33% maior que o do aceiro. Ten unha condutividade térmica excelente, é non magnético e resiste o ataque con ácido nítrico. É moi permeable aos raios X e, do mesmo xeito que o radio e o polonio, libera neutróns cando é bombardeado con partículas alfa (da orde de 30 neutróns por millón de partículas alfa). En condicións normais de presión e temperatura o berilio resiste a oxidación do aire, aínda que a propiedade de raiar ao cristal débese probablemente á formación dunha delgada capa de óxido.
Remove ads
Aplicacións
- Aliaxes cobre-berilio cunha gran variedade de aplicacións.
- No diagnóstico con raios X úsanse delgadas láminas de berilio para filtrar a radiación visible, así como na litografía de raios X para a reprodución de circuítos integrados.
- Moderador de neutróns en reactores nucleares.
- Pola súa rixidez, lixeireza e estabilidade dimensional, emprégase na construción de diversos dispositivos como xiroscopios, equipo informático, e instrumental diverso.
- O óxido de berilio emprégase cando son necesarias elevada condutividade térmica e propiedades mecánicas, punto de fusión elevado e illamento eléctrico.
- Outrora empregáronse compostos de berilio en tubos fluorescentes, uso abandonado pola beriliose.
- Fabricación de altofalantes da clase High-End, debido á súa gran rixidez.
Precaucións
O berilio e as súas sales son tóxicas e potencialmente canceríxenas. A beriliose crónica é unha afección pulmonar causada por exposición ao po de berilio catalogada como enfermidade profesional. Os primeiros casos de pneumonite química aguda por exposición ao berilio producíronse en 1933 en Europa e en 1943 nos Estados Unidos.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads