Pobo frisón
pobo xermánico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os frisóns[1] son un pobo xermánico nativo das zonas costeiras dos Países Baixos e Alemaña.[2][3] Habitan nas áreas coñecidas como Frisia e concéntranse nas provincias neerlandesas de Friesland e Groninga e, en Alemaña, na Frisia oriental e setentrional (que foi parte de Dinamarca até 1864).[4] A lingua frisoa aínda é falada por máis de 500 000 persoas e está recoñecida como lingua oficial nos Países Baixos e lingua rexional en Alemaña.
Remove ads
Historia
Os frisii en latín son mencionados polo historiador romano Tácito na súa obra De Origine et situ Germanorum (c. 98). Tratábase, polo que todo indica, dun pobo de mariñeiros -o Mar do Norte, da Bretaña até o leste da Dinamarca, chamábase na época Mare Frisium. Pequenos grupos de frisios poboaron as terras ao redor do mar e atópanse trazos da colonización frisia na Inglaterra, Escocia, Dinamarca, Alemaña, Bélxica, Francia e, evidentemente, nos Países Baixos.
O territorio dos frisios seguía a costa continental do Mar do Norte desde a desembocadura do Rin até a do Ems, que era a súa fronteira oriental, segundo a Geographica de Tolomeo. Plinio o Vello, rexistra na súa Belgica que aquel pobo foi conquistado polo xeneral romano Nerón Claudia Druso en -12, seguíndose diversos levantamentos relatados por Tácito, inclusive o dos bátavos. A partir de entón, a historia dos frisios tórnase escura até o contacto cos reinos merovinxio e carolinxio.
No século V, durante este período de "silencio histórico", moitos dos frisios xuntáronse á emigración dos anglosaxóns, que pasaron polo territorio frisio para despois invadiren a Gran Bretaña; os que permaneceron no continente expandíronse para o territorio recentemente desocupado polos Anglosaxóns. Por volta do fin do século VI, os frisios ocupaban a costa até a desembocadura do Weser e continuaron a expandirse no século VII, para Dorestad e até mesmo Bruxas. Esta foi a extensión máxima do territorio frisón, coñecida como a Frisia Magna.
Os frisios convertéronse ao cristianismo por imposición do Reino franco. San Wilfrid, San Willibrord e San Bonifacio participaron da evanxelización dos frisios.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads