Funafuti
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Funafuti é un atol no que se atopa a capital e principal centro económico do país insular de Tuvalu.[1][2] Ten unha poboación de 6.025 persoas,[3] polo que é o atol máis poboado do país, co 56,6 por cento da poboación de Tuvalu.
Ás veces, a capital de Tuvalu é referida como Fongafale ou Vaiaku. Con todo, todo o atol de Funafuti é oficialmente a capital.
Funafuti está situada no atol máis grande do pequeno país. Desde o atol, expórtase copra e outros moitos froitos tropicais. O atol carece de recursos naturais, polo que os habitantes da zona confían na agricultura de subsistencia e na pesca.
O único hotel de Tuvalu está situado moi preto de Funafuti, na localidade de Fongafale.
O atol de Funafuti tamén conta con aeroporto.
Remove ads
Xeografía
O atol é un anel formado por unha estreita franxa de terra, de entre 20 e 400 metros de largo, que rodea unha gran lagoa central (Te Namo) de 18 km de longo e 14 km de largo. A profundidade media da lagoa Funafuti é de aproximadamente 36,5 metros.[4] Cunha superficie de 275 km², é de lonxe a lagoa máis grande de Tuvalu.
Ten 33 illotes e a superficie total terrestre suman 2,4 km², menos do un por cento da superficie total do atol. Os buques de carga poden ingresar á lagoa de Funafuti e atracar nas instalacións portuarias de Fongafale.
Remove ads
Illas de Funafuti
Estímanse 33 illas no atol.[1] A maior delas é Fongafale, seguida de Funafala. Polo menos hai tres illas que están habitadas, as cales son Fongafale, a principal illa ao leste, Funafala, no sur, e Amatuku, ao norte.
- Amatuku
- Avalau
- Falaoigo
- Fale Fatu (ou Falefatu)
- Fatato
- Fongafale
- Fuafatu
- Fuagea
- Fualefeke (ou Fualifeke)
- Fualopa
- Funafala
- Funamanu
- Luamotu
- Mateika
- Motugie
- Motuloa
- Mulitefala
- Nukusavalevale
- Papa Elise (ou Funangongo)
- Pukasavilivili
- Te Afuafou
- Te Afualiku
- Tefala
- Telele
- Tengako (península da illa de Fongafale)
- Tengasu
- Tepuka
- Tepuka Vili Vili
- Tutanga
- Vasafua
- e polo menos outras cinco illas.
Remove ads
Canles en Funafuti
O atol ten varios canles cara a lagoa, con cadanseu grao de navegabilidade. A listaxe deles, comezando polo illote Fongafale ao sur, e seguindo as agullas do reloxo, son:[5]
- Te Ava Pa Pua
- Te Ava Fuagea
- Te Ava Papa
- Te Ava Kum Kum
- Te Ava Tepuka Vili
- Te Ava Tepuka
- Te Avua Sari
- Te Ava i te Lape
Lagoa
A lagoa (Te Namo en tuvalés) do atol ten unha lonxitude de norte-sur de 24,5 km, e de leste-oeste de 17,5 km, facendo unha superficie total de 275 km² e a lagoa máis grande de Tuvalu. A súa profundidade chega acadar os 54,72 metros, mais ten algúns escollos e arrecifes de moi pouca profundidade.[6]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads