Función erro

función especial de forma sigmoide que aparece en probabilidade, estatística e ecuacións diferenciais parciais From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

En matemáticas, a función erro (tamén chamada función erro de Gauss), denotada a miúdo por erf, é unha función definida como:[1]

A integral aquí é unha integral de contorno complexa, que é independente do camiño porque é unha función holomorfa en todo o plano complexo . En moitas aplicacións, o argumento da función é un número real, e nese caso o valor da función tamén é real.

Nalgúns textos antigos, a función erro defínese sen o factor . Esta integral non elemental é unha función sigmoide que aparece con frecuencia en probabilidade, estatística e ecuacións diferenciais parciais.[2]

En estatística, para valores reais non negativos de x, a función erro ten a seguinte interpretación: para unha variábel aleatoria real Y que segue unha distribución normal con media 0 e desviación típica , erf x é a probabilidade de que Y estea no intervalo .

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads