Función linear
función polinomial de grado un ou menor From Wikipedia, the free encyclopedia
En análise matemática e áreas relacionadas das matemáticas, unha función linear entre números reais é unha función cunha gráfica (en coordenadas cartesianas con escala uniforme) é unha recta do plano.[1] A propiedade característica das funcións lineares é que cando se cambia o valor da variable independente, o cambio na variable dependente é proporcional.

As funcións lineares están relacionadas coas ecuacións lineares.
Propiedades
Unha función linear é unha función polinómica en que a variable x ten grao non superior a un:[2]
- .
Estas funcións denomínanse lineares porque a súa gráfica, conxunto de puntos do plano cartesiano, é unha recta. O coeficiente a denomínase pendente da función e da recta.
Se a pendente é , é unha función constante que define unha recta horizontal, que algúns autores exclúen do conxunto de funcións lineares.[3] Con esta definición, o grao dun polinomio linear sería exactamente un, a súa gráfica unha recta oblicua nin vertical nin horizontal. Con todo, neste artigo non se require , polo que as funcións constantes considéranse lineares.
O dominio natural dunha función linear é o conxunto de todos os números reais, . Pódense tamén considerar funcións nun intervalo arbitrario.
A gráfica de é unha recta non vertical que ten exactamente unha intersección co eixe y, a ordenada na orixe . Se , á gráfica é unha recta non horizontal que ten unha intersección co eixe x . O valor é a solución da ecuación , e tamén se denomina raíz ou cero de .
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.