Gael García Cochón
publicista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Gael García Cochón, nado en Vigo en 1981, é un publicista galego. Desde 2024 encárgase da área de márketing, comunicación e estratexia dixital do Real Club Celta de Vigo.
Remove ads
Traxectoria
Gael García é Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo. Comezou a traballar en publicidade como responsábel de marca e comunicación dixital da extinta caixa de aforros Caixanova en 2008, e até 2015 no banco herdeiro, ABANCA. En 2017 comezou a traballar para o Celta de Vigo como responsable de contidos, e en 2024 pasou a ser director de marketing[1][2] en substitución de Maruxa Magdalena Seoane. Foi o cordinador e conceptualizador do Centenario.
Remove ads
Premios
- Terceiro posto nos Premios Nacionais de Marketing da Asociación Española de Marketing, na categoría de Marca (2018).
- Premio Paraugas do Clúster de Comunicación de Galicia á Mellor Estratexia de Comunicación no Centenario do Celta de Vigo (2023).
Ademais, "Oliveira dos cen anos" acadou diversos premios no Premio Nacional de Creatividade 2024 (Ouro á Mellor Estretexia, Ouro á Mellor Realización, Ouro á Mellor Dirección de Fotografía, Ouro ao Mellor Son e Música, Prata ao Mellor contido sonoro, Prata á Mellor Dirección de produción, Prata aos Mellores Efectos especiais e Bronce á Mellor Idea) e mais o Premio Mestre Mateo 2024 da Academia Galega do Audiovisual ao Mellor Videoclip.[3]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads