Galegos en Alemaña

From Wikipedia, the free encyclopedia

Galegos en Alemaña
Remove ads

Os galegos en Alemaña son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron en Alemaña. No ano 2016, eran 17 023 habitantes,[1] concentrados principalmente na cidade de Hamburgo, onde viven máis de 4 000, e en menor medida, noutras zonas do país.[2]

Thumb
Consejos para trabajadores españoles empleados en la República Federal de Alemania, 1963.

Historia

Historicamente, Galicia foi un exportador neto de poboación para o resto de España e a inmigración galega foi masiva entre finais do século XIX e comezos do século XX. Entre 1900 e 1981, a saída neta de persoas de Galicia foi de máis de 825 000. Tamén tivo un factor importante a guerra civil española, a caída da Segunda República Española e a chegada de Francisco Franco ó poder.[3] Isto motivou unha nova onda de emigración cara a fóra de Galicia a outros países europeos, sobre todo a Francia, Suíza, Alemaña e, en menor medida, no Reino Unido.

A emigración galega en Alemaña foi especialmente intensa na década de 1960, e estivo vinculada á necesidade de man de obra pouco cualificada nese país, como por exemplo no sector da construción.[4] Moitos dos traballadores galegos que marcharon a Alemaña fixérono contratados a través da Oficina Federal de Colocación e do IEE. Porén, calcúlase que un de cada tres emigrantes galegos en Alemaña fixérono de maneira "irregular"[4] buscando transporte, traballo e aloxamento polos seus propios medios.

Máis información Censo electoral de galegos residentes en Alemaña por provincia de inscrición, a 1/9/2023 ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads