Pintada da Guinea
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A pintada da Guinea,[2] tamén chamada galiña de Guinea[3] ou galiña pintada,[3] (Numida meleagris) é unha especie de ave galiforme da familia dos numídidos.[4] É a máis estendida das pintadas; orixinaria de África, foi introducida nas Antillas Menores e no sur de Francia.
Remove ads
Descrición

De até 50 cm de lonxitude, con peteiro medianamente longo, forte e robusto que presenta na súa base unha especie de 'cera' sobre a que se abren as fosas nasais. Cabeza, espida de plumas e que presenta unha coloración branca ou azulada dominante con carúnculas ou excrescencias carnosas de viva cor morada e unha típica protuberancia córnea no alto da cabeza. A plumaxe é gris e negra, con pequenas pintas brancas. Os machos e femias son aparentemente iguais e non poden distinguirse facilmente se non é polo seu comportamento, é dicir, non presenta dimorfismo sexual. Vive de seis a oito anos.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads