Galiformes

orde de aves neognatas From Wikipedia, the free encyclopedia

Galiformes
Remove ads

Os galiformes[1] (Galliformes), comunmente chamados galináceas,[2] constitúen unha orde de aves neognatas que abrangue 283 especies.[3]

Máis información GaliformesGalliformes, Clasificación científica ...

Inclúe as galiñas, pitas do monte, perdices, paspallases, faisáns, pavos, pavóns e as galiñas de Guinea, entre outras.

Remove ads

Características

Son principalmente aves terrestres, de tamaño variable e corpo de constitución masivo, con peteiros grosos adaptados principalmente para comeren sementes e raíces de plantas (os xuvenís tamén comen insectos), e con patas fortes. Son malas voadoras, limitándose o seu voo a planeos curtos e de escasa elevación. Habitan na maior parte dos continentes, fóra das rexións máis áridas e dos xeos perpetuos.

A maioría das especies permanecen na mesma área durante todo o ano, pero as máis pequenas, como o paspallás común, migran.

Moitas especies mostran dimorfismo sexual significativo en tamaño ou en aparencia.

Remove ads

Taxonomía

Descrición

A ode foi descrita en 1820 polo naturalista neerlandés Coenraad Jacob Temminck.[4]

Etimoloxía

O nome científico Galliformes está formado coa adición á raíz Gall-, do nome do seu xénero tipo, Gallus, a desinencia do latín científico -iformes 'en forma de', propia dos nomes das ordes de aves (e de peixes).

Familias e subfamilias

Segundo as clasificacións de Clements,[3] e a de referencia do Congreso Ornitolóxico Internacional (versión 8.2, 2019),[5] a orde dos galiformes clasifícase como segue:

Remove ads

Filoxenia

Relacións filoxenéticas baseadas en Hackett et al. (2008).[6]

Galliformes

Megapodiidae Thumb

Cracidae Thumb

Numididae

Odontophoridae

Phasianidae

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads