Game Boy Color

consola de videoxogos portátil de Nintendo From Wikipedia, the free encyclopedia

Game Boy Color
Remove ads

A Game Boy Color (ゲームボーイカラー Gēmu Bōi Karā?), frecuentemente abreviada como GBC, é unha consola de videoxogos portátil de Nintendo, sucesora da Game Boy. Foi lanzada o día 21 de outubro de 1998 no Xapón,[1] o 19 de novembro de 1998 en América do Norte, o 23 de novembro de 1998 en Europa, e o 27 de novembro de 1998 no Reino Unido. Presenta unha carcasa de diferentes cores, e é lixeiramente máis ancha e alta ca a Game Boy Pocket. Así como a Game Boy orixinal, posúe un procesador de 8 bits.[2] Combinados, a Game Boy e a Game Boy Color venderon 118,69 millóns de unidades en todo o mundo. A Game Boy Color foi substituída pola Game Boy Advance.

Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...
Thumb
Parte traseira dunha GBC con carcasa de cor verde.
Remove ads

Historia

A Game Boy Color foi unha resposta á presión das desenvolvedoras de xogos por un sistema de xogo novo e máis sofisticado, xa que elas sentían que a Game Boy, mesmo na súa última versión, a Game Boy Pocket, non era abondo. O produto resultante era reversamente compatíbel, sendo o primeiro portátil quen de facer isto, expandindo a gran biblioteca de xogos e instalándose na base do seu predecesor. Isto converteuno nun elemento chave na liña Game Boy, pois permitía que cada lanzamento na súa familia tivese á disposición unha biblioteca significantemente maior da que tiñan os seus competidores dende o comezo.

Remove ads

Cartuchos

Os xogos creados especificamente para a Game Boy Color eran mantidos en cartuchos de memoria limpa. Non son compatíbeis coa Nintendo DS. Os xogos proxectados para a Game Boy Color, aínda que tamén incluían compatibilidade reversa co antigo Game Boy, posúen un deseño semellante ós cartuchos cinza para Game Boy, mais son de memoria negra para a identificación. Os lanzamentos europeo e norteamericano de Pokémon Yellow e Pokémon Gold e Silver presentan cartuchos de memoria diferenciada, aínda que sexan tecnicamente idénticos ós cartuchos negros.

Remove ads

Vendas

O 31 de marzo de 2005 a Game Boy e a Game Boy Color venderon 32,47 millóns de unidades no Xapón, 44,06 millóns nos Estados Unidos e 42,16 millóns no resto do mundo. En total, o 31 de marzo de 2005 as vendas mundiais de ambas as consolas chegaban aos 118,7 millóns de unidades,[3] aínda que a venda de xogos para o sistema viuse afectada pola pirataría, xa que era difícil identificar un cartucho orixinal dun pirata.

Especificacións técnicas

Máis información Tipo, Datos ...
Remove ads

Recepción

A recepción da Game Boy Color foi positiva e os críticos eloxiaron a adición de cor e a claridade mellorada da pantalla. Publicacións afiliadas como Total Game Boy eloxiaron á portátil pola súa "imaxe brillante e colorida que se pode ver con luz directa", características de compatibilidade con versións anteriores que preservan o "vasto catálogo de xogos orixinais de Game Boy" e rendemento técnico mellorado.[4] Computer and Video Games eloxiou á Game Boy Color por facer que a biblioteca de xogos de Game Boy "se vexa mellor que nunca: todo é nítido, brillante e en cor".[5] Escribindo para GameSpot, Chris Johnston afirmou que a pantalla era "clara coma o cristal" e ceibe de desenfoque de movemento, afirmando que Tetris DX era a "aplicación principal" dos títulos de lanzamento na plataforma.[6] Entre as críticas máis suaves incluíronse as de Arcade, quen admitiu que as cores eran "moi impresionantes" mais "non tan rechamantes como cabería esperar [...] son principalmente verdes algas, marróns oxidados, amarelos tímidos e similares". Concluíron que "nada en [Game Boy Color] é moi radical", mais tamén dixeron que o dispositivo era "Game Boy como sempre debería ter sido".[7]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads