N.º (serie) |
N.º (temp.) |
Título[2] |
Director(es)[3] |
Guionista(s) |
Data de estrea[4] |
Audiencia en EE. UU. (millóns) |
31 | 1 |
"Two Swords" «Dúas espadas» | D. B. Weiss | David Benioff e D. B. Weiss | 6 de abril de 2014 | 6,64[5] |
Tywin Lannister agasalla ó seu fillo Jaime, novo comandante da Garda Real, unha espada de aceiro valyrio. Tyrion e Bronn reciben ó díscolo príncipe Oberyn Martell, que busca vinganza polas aldraxes pasadas á súa casa. Namentres, Sansa recibe un regalo inesperado de Dontos Hollard. No norte, Ygritte e Tormund reúnense con novos reforzos. No Castelo Negro, Jon Neve é sometido a xuízo polo seu tempo entre os salvaxes. No seu camiño a Meereen, Daenerys descobre que non será ben recibida. Nas Terras dos Ríos, Sandor Clegane e Arya Stark teñen unha liorta con soldados Lannister nunha taberna.
|
32 | 2 |
"The Lion and the Rose" «O león e a rosa» | Alex Graves | George R. R. Martin | 13 de abril de 2014 | 6,31[6] |
Ramsay Neve recibe ó seu pai Lord Roose Bolton en Forte Terror. Ó norte do Muro, Bran emprega as súas habilidades como Cambiapeles. En DragonStone, Melisandre ordena queimar vivos nunha fogueira a varios homes de Stannis Baratheon. King's Landing celebra a voda do rei Joffrey Baratheon con Margaery Tyrell.
|
33 | 3 |
"Breaker of Chains" «Rompedora de cadeas» | Alex Graves | David Benioff e D. B. Weiss | 20 de abril de 2014 | 6,59[7] |
Tralos acontecementos da voda do Rei, Sansa atopa un aliado para escapar de King's Lnading. Namentres, Tywin Lannister e a súa filla Cersei pretenden condenar a Tyrion. No Norte, Samwell Tarly fai que Gilly se mude a Vila Toupa para manterse a salvo, mentres os salvaxes liderados por Tormund e Styr seguen atacando aldeas. En Dragonstone, Davos Seaworth dá cunha idea para procurar un exército á causa de Stannis. Nas Terras dos Ríos, Sandor Clegane e Arya Stark continúan a súa viaxe cara ao Val de Arryn. Ás portas de Meereen, Daenerys e o seu exército son recibidos polo Campión de Meereen.
|
34 | 4 |
"Oathkeeper" «Gardaxuramentos» | Michelle MacLaren | Bryan Cogman | 27 de abril de 2014 | 6,90[8] |
Daenerys captura con éxito a cidade de Meereen entre a revolta dos escravos, e inmediatamente fai xustiza polos nenos escravos mortos, cravando 163 mestres en postes. No mar, Petyr confésalle a Sansa que el foi o responsable de envelenar a Joffrey, malia a súa alianza cos Lannisters. En King's Landing, Olenna tamén lle confía a Margaery que ela foi a que ordenou o envelenamento, e anima a Margaery a facerse coa confianza de Tommen antes de que Cersei o volva en contra dela. Jaime reúnese con Tyrion, e convéncese de que non é culpable. Porén, Cersei está certa da culpabilidade de Tyrion, e ordena aJaime que atope e acabe con Sansa. Pola contra, Jaime encoméndalle a Brienne a misión de procurar e protexer a Sansa, e envía a Podrick canda ela. No Norte, nun intento minar a influencia de Jon, Alliser Thorne e Janos Slynt conspiran contra el envíano nunha contra os renegados da Garda da Noite que ocuparon Craster's Keep. Namentres, Bran e o seu grupo chegan ata Craster's Keep, onde son capturados polos renegados, e Bran é forzado a revelar a súa identidade. Máis ó norte, un Camiñante Branco recolle o derradeiro dos fillos de Craster e lévao a un lugar ritual, onde outro Camiñante Branco ó tocar a faciana do meniño, volve os seus ollos azuis.
|
35 | 5 |
"First of His Name" «O primeiro do seu nome» | Michelle MacLaren | David Benioff e D. B. Weiss | 4 de maio de 2014 | 7,16[9] |
Tommen é coroado como rei. Cersei reúnese con Margaery, Tywin e Oberyn, coa esperanza de poñelos da súa parte no vindeiro xuízo contra Tyrion. No Val, Petyr leva a Sansa a Eyrie, onde a presenta como a súa sobriña. Petyr é forzado a casar con Lysa Arryn ese mesmo día. Malia que é hospitalaria con Sansa nun principio, Lysa axiña se volve envexosa con ela, xa que teme que estea a seducir a Petyr. En Meereen, despois de que Jorah Mormont informase do retorno á escravitude de Astapor e Yunkai, Daenerys decide popoñer a súa invasión de Westeros para traer a orde na Baía dos Escravos e proclámase raíña. No Camiño Real, Sandor Clegane descobre a Arya practicando a súa danza da auga, e anóxaa dicíndolle que o seu estilo de loita e mailo seu mestre Syrio Forel son inútiles. No camiño, Brienne descobre que Podrick non ten moita idea de como ser un escudeiro, mais amósase impresionada ó saber que Podrick acabou cun membro da Garda Real para protexer a Tyrion. Alén do muro, o grupo de Jon ataca ós renegados de Craster's Keep. Locke tenta secuestrar a Bran na confusión, pero é asasinado por Bran usando o corpo de Hodor. Bran e o seu grupo continúan a súa viaxe cara ao norte mentres Jon acaba con tódolos renegados e queima Craster's Keep.
|
36 | 6 |
"The Laws of Gods and Men" «Leis de deuses e homes» | Alik Sakharov | Bryan Cogman | 11 de maio de 2014 | 6,40[10] |
En Essos, Stannis e Davos chegan a Braavos para pedirlle ó Banco de Ferro que lles conceda un empréstito. Malia que o Banco de Ferro rexeita a súa tentativa nun principio, Davos consegue convencelos a favor da causa de Stannis, ó tempo que recuperan o apoio de Salladhor Saan e o dos outros piratas. En Meereen, Daenerys intenta facer o seu novo papel como Raíña e escoita cada unha das demandas dos seus súnditos, incluída a de Hizdahr zo Loraq e un home cuxas cabras foron cazadas polos cada vez máis incontrolables dragóns de Daenerys. En Dreadfort, Yara lidera un ataque para rescatar a Theon pero non o consegue porque Theon non quere marchar canda ela. Despois de comprobar que Theon converteuse en Reek, Yara dilles ós seus homes que está morto. Ramsay recompensa a Reek pola súa obediencia e, co obxectivo de tomar Moat Cailin, dille que agora ten facerse pasar por alguén que non é: Theon Greyjoy. En King's Landing, Tywin pon prezo á cabeza de Sandor Clegane e indícalle a Varys que continúe a espiar a Daenerys. Ese mesmo día, Tyrion é levado a xuízo polo asasinato de Joffrey. Porén, tódalas testemuñas falan na súa contra, incluíndo a Meryn Trant, Pycelle, Cersei, Varys e, para sorpresa de Tyrion, Shae tamén mente na súa contra. Anoxado e humillado, Tyrion demanda un xuízo por combate.
|
37 | 7 |
"Mockingbird" «Sinsonte» | Alik Sakharov | David Benioff e D. B. Weiss | 18 de maio de 2014 | 7,20[11] |
Despois de descubrir que Cersei escolleu a Gregor Clegane como campión no xuízo por combate, Tyrion está desesperado por atopar a algúen que queira loitar por el. Cando Jaime e Bronn rexeitan loitar pola súa causa, Oberyn Martell acepta sen reservas, xa que ve unha oportunidade de vingar a súa irmá. Daenerys ten sexo con Daario antes de envialo a unha misión para deter o rexurdimento da escravitude en Yunkai. Melisandre e Selyse prepáranse para a súa marcha de Dragonstone, e Jon Snow enfróntase con Alliser Thorne pola inminente ameaza dos salvaxes. Arya e Sandor Clegane atópanse no camiño con vellos coñecidos: Rorge e Biter. Clegane é ferido mais non quere cauterizar a ferida porque lle arrepía o lume. Brienne e Podrick encóntranse cun dos vellos compañeiros de Arya, Hot Pie, e entéramse de que está viva e que estivoa coa Brotherhood. Entón deciden viaxar cara ao Val, deducindo que debe estar na procura dos familiar que aínda viven. No Val, Sansa é bicada por Petyr Baelish na neve, espertando a ira da Tía Lysa, quen o presenciou todo. Máis tarde, tenta empurrar a Sansa a través da Moon Door. Porén, Baelish intervén a tempo e empurra Lysa ó baleiro.
|
38 | 8 |
"The Mountain and the Viper" «A montaña e a víbora» | Alex Graves | David Benioff e D. B. Weiss | 1 de xuño de 2014 | 7,17[12] |
Os salvaxes chegan a Mole's Town e masacran toda a vila. Gilly é descuberta por Ygritte, que lle perdoa a vida cando descobre ó neno no seu colo. Sam láiase da decicisón de deixar a Gilly nese lugar, xa que pensa que está morta. Ramsay forza a Reek a pretender ser el mesmo, Theon Greyjoy, e ordénalle a que convenza ós Fillos do Ferro a render Moat Cailin. Os Fillos do Ferro réndense coa esperanza de regresar ó seu fogar, pero son esfoladas e masacrados polo exército de Ramsay. Como recompensa por conseguir Moat, Roose lexitima a Ramsay como fillo seu. Máis aló do Narrow Sea, Missandei e Grey Worm manteñen unha tensión sexual entre eles. Ser Barristan recibe unha carta dirixida a Ser Jorah, na cal Jorah é perdoado en Westeros como agasallo por espiar a Daenerys. Despois de que Barristan se enfronte a Jorah, dálle a carta a Daenerys, que ordena a Jorah a deixar Meereen e non volver xamais. No Val, Sansa revela ó consello de investigación da morte de Lysa a súa verdadeira identidade e convénceos da inocencia de Baelish. Fóra das portas do Val, Clegane e Arya son informados da morte de Lysa. En King's Landing, Jaime e Tyrion teñen unha conversa polo combate que se achega. Durante o xuízo, o Príncipe Oberyn gaña vantaxe no combate, mais a súa atención está tan dirixida en obter unha confesión da Montaña, que nun intre desafortunado cambian as tornas. A Montaña toma a vantaxe e esmaga a cabeza de Oberyn mentres confesa. Tywin sentenza a Tyrion a morrer por rexicida.
|
39 | 9 |
"The Watchers on the Wall" «Os vixilantes do muro» | Neil Marshall | David Benioff e D. B. Weiss | 8 de xuño de 2014 | 6,95 [13] |
A Garda da Noite prepárase para a invasión dos salvaxes. Gilly chega ó Muro pouco antes de que o faga o exército de Mance Rayder. Os salvaxes atacan dende ámbolos lados, cun dos exércitos escalando o Muro, e o exército de Ygritte atacando Castle Black. Despois de que Ygritte e o seu exército conseguisen entrar, comeza unha sanguenta batalla. Os salvaxes intentan entrar a través do túnel baixo o Muro coa axuda de varios xigantes e un mamut, mais son parados por Grenn e outros cinco homes, que morren protexendo o túnel. Alliser Thorne baixa ó nivel principal de Castle Black para loitar, deixando a Janos Slynt ó mando. Porén, Slynt proba ser un incompetente como comandante, e é enganado para que tamén baixe ó nivel inferior, deixando a Jon ó mando. Pyp é alcanzado por unha frecha de Ygritte e morre nas mans de Sam. Despois de ver como Jon acababa con Styr the Thenn, Ygritte prepárase para matalo, pero é disparado por Olly, quen cobra a súa vinganza por ter matado Ygritte a súa familia. Jon sostén a Ygritte nos seus brazos mentres morre. Coa axuda do lobo de Jon, Ghost, a Garda da Noite aegura Castle Black. Os escaladores do Muro son esnaquizados por unha enorme fouce pendurada, que funciona como a arma secreta do Muro. Os salvaxes retíranse, pero, segundo predicións de Jon, non por moito tempo. Non vendo outra opción, vai ó norte do Muro para atopar e matar a Mance.
|
40 | 10 |
"The Children" «Os nenos» | Alex Graves | David Benioff e D. B. Weiss | 15 de xuño de 2014 | 7,09[14] |
Jon Snow fala con Mance Rayder, pero as súas negociacións son interrompidas cando Stannis Baratheon e o seu exército irrompen de súpeto na campamento dos salvexes e toman a Mance como prisioneiro. Máis tarde, a Garda da Noite queima os corpos dos mortos mentres Jon queima a Ygritte alén do muro. Bran e o seu grupo chegan ata a Árbore Corazón das súas visións, mais a súa chegada son atacados polos mortos. Jojen morre, mais Bran, Hodor e Meera son salvados por un "Fillo do Bosque" que os leva ata o corvo de tres ollos. En Meereen, Daenerys responde ó desexo dun antigo escravo de ser vendido de novo ó seu amo polo período dun ano. O seguinte cidadán que acode ó seu salón, trae canda si os restos queimados da súa filla pequena, atacada por un dos seus dragóns. Como precaución, Daenerys encadea ós outros dous nas catacumbas. No Val, Brienne e Podrick encóntranse con Arya e Sandor Clegane. Brienne fire mortalmente a Clegane, e Arya consegue escapar. Coa moeda de ferro que Jaqen H'ghar lle deu, Arya merca unha pasaxe nun barco con destino a Braavos. En King's Landing, Cersei ordena a Qyburn que faga todo o que poida por salvar a Montaña. Enfróntase ó seu pai, e ameázao con facer pública a súa relación incestuosa con Jaime se é forzada a casa con Loras. Tyrion é ceibado da súa cela por Jaime, mais atopa a Shae na cama de Tywin e acaba con ela. Despois atopa ó seu pai no retrete e dispáralle coa besta de Joffrey antes de escapar da cidade con Varys.
|