Gavà

concello catalán da provincia de Barcelona From Wikipedia, the free encyclopedia

Gavàmap
Remove ads

Gavà é un municipio e cidade do sur da comarca do Baix Llobregat, provincia de Barcelona, na comunidade autónoma de Cataluña, España.

Datos rápidos Localización, Capital ...

Gavà debe o seu nome, segundo a versión máis estendida, a Gavius, o fundador dunha vila romana que ocupaba parte do que agora é o núcleo antigo da cidade.

Remove ads

Xeografía

Thumb
Praia na zona costeira do municipio

Gavà ten un termo privilexiado, integrado por unha zona de praia, unha zona forestal e un centro urbano. Ten unha fronte marítima de 4 quilómetros de lonxitude (cunha pineda e un sistema dunar), o Parque Natural do Garraf e un centro urbano que acolle unhas minas prehistóricas e diversos edificios históricos.

Gavà está situada a poucos quilómetros de Barcelona e do aeroporto. Ocupa un territorio de 30,90 quilómetros, onde viven máis de 45.000 habitantes, que se estende desde as praias meridionais do Delta do Llobregat ata a serra de Ponent, últimos contrafuertes do macizo do Garraf.

A cidade de Gavà (9 metros de altitude) está na chaira, baixo a serra de Les Ferreres (134 m). Limita a levante cos termos de Sant Climent de Llobregat e Viladecans (pola rúa de Riera de Sant Llorenç), a poñente co de Castelldefels e Sitges, así como co de Begues ao norte.

Remove ads

Demografía

Evolución demográfica
1900193019501970198120002008
1.8255.0546.86024.21333.45639.22045.190

Economía

A súa economía principal é a de servizos, seguida da industria. Aínda mantén actividade agrícola na zona denominada de Les Sorres, que se reflicte cada ano na Feira do Espárrago de Gavà, produto da terra de gran calidade.

Lugares de interese

  • Minas prehistóricas
  • Ruínas do castelo de Eramprunyà
  • Ermida de Sant Miquel
  • Ermida de Bruguers
Thumb
Ermida do castelo de Eramprunyà

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads