Gemini 6A
misión espacial tripulada dos Estados Unidos From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Gemini 6AA foi a quinta misión tripulada do programa Gemini. A tripulación estaba formada por Walter M. Schirra e Thomas P. Stafford, sendo a tripulación de apoio Virgil I. Grissom e John W. Young.[2][6]
Remove ads
Desenvolvemento da misión
Gemini 6A foi a quinta misión tripulada do programa Gemini. A denominación 6A débese a que a misión orixinal foi planeada para o 25 de outubro. Ese día, coa tripulación, xa a bordo do foguete e uns quince minutos antes do lanzamento, lanzouse o GATV co que a Gemini 6 faría prácticas de manobras e cita espacial, pero o vehículo non chegou a órbita a causa dunha explosión do foguete lanzador. Sen GATV o control de terra decidiu cancelar o voo da Gemini 6.[2][6]
Gemini 6A foi programada para ser lanzada varios días despois de Gemini 7 e atopala no espazo para facer as manobras e o atraque planeados co GATV 6. Os obxectivos da misión foron probar procedementos de lanzamento e cita espacial e voo en formación con Gemini 7. Como obxectivos secundarios estaban avaliar a capacidade de manobra da cápsula durante a reentrada e levar a cabo probas nos sistemas da nave e facer catro experimentos.[2][6]
Gemini 6A foi lanzada finalmente o 12 de decembro de 1965 ás 13:37:26,471 UTC (8:37:26 EST) desde o Complexo 19 de Cabo Cañaveral e inserida nunha órbita inicial de 161,0 km de perixeo e 259,4 km de apoxeo, a uns 1900 km por detrás de Gemini 7. Tras catro acendidos dos motores, Gemini 6 avistou a Gemini 7 no seu radar a unha distancia de 396 km. Tras dous acendidos máis, ás 14:33 EST, Gemini 6 conseguiu voar en formación con Gemini 7 e cunha velocidade relativa nula, a unha distancia de 110 metros. As manobras posteriores incluíron o rodeo dunha nave pola outra e aproximacións e afastamentos entre elas durante un período de 5 horas e 19 minutos, unhas tres órbitas e media. Tras as manobras as naves afastáronse 50 km para pasar o período de sono.[2][6]

Durante a órbita 15, ás 9:53:24 EST do 16 de decembro, iniciouse o disparo dos retrofoguetes para iniciar a reentrada. A Gemini 6A amarou ás 10:28:50 EST no océano Atlántico, a 23,58° N e 67,83° O, a só 13 km do punto de amaraxe previsto, sendo a primeira reentrada controlada cara a un punto predeterminado e exitosa do programa espacial estadounidense. O tempo total de misión foi de 25 horas, 51 minutos e 24 segundos. A tripulación foi recollida polo U.S.S. Wasp ás 11:32.[2][6]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads