Generalife
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Generalife (do árabe جَنَّة الْعَرِيف Jannat al-‘Arīf) é a vila con xardíns habitada polos reis musulmáns de Granada como lugar de descanso, situado na cidade de Granada, España. Foi declarado, xunto coa Alhambra e o Albaicín Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1984.[1]
Remove ads
Historia e características
Foi concibida como vila rural, onde xardíns ornamentais, hortos e arquitectura se integraban, nas proximidades da Alhambra. A orixe do nome está discutida. Algúns avogan por Yannat al-Arif como "Horta do Arquitecto", ou "Xardín do arquitecto" aínda que puido significar "O máis excelso xardín". Ese horto real era común nas cortes hispano-árabes e é froito das reformas e engadidos que lle achegaron os diferentes sultáns. Polos seus elementos decorativos máis antigos, o pazo debeu de construírse a finais do século XIII polo segundo sultán da dinastía nazarí, Muhammad II (1273-1302).
O Generalife está situado fóra das murallas da Alhambra, ao leste, na ladeira do Cerro del Sol. Foi terreo de recreo dos sultáns nazaríes pero tamén utilizado para a súa explotación agrícola. No período medieval tiña polo menos catro hortas e a residencia é un pazo ao que o visir Ibn al-Yayyab chamou a "Casa Real da Felicidade".
É de estilo árabe nazarí e está situado no lado setentrional da Alhambra. Na época da súa construción, estaba situado fóra do perímetro da Granada musulmá, e carecía de comunicación directa coa Alhambra, sendo o seu acceso principal o camiño do Barranco Aikabia, a actual Costa dos Chineses, que ascendía dende o río Darro.[2]
Está formado por un conxunto de edificacións, patios e xardíns, que o converten nun dos maiores atractivos da cidade de Granada, e, xunto coa Alhambra, nun dos conxuntos arquitectónicos máis destacables da arquitectura civil musulmá. Dende o exterior contémplanse dous pavillóns situados a norte e sur, e comunicados por un patio percorrido polo curso da auga, os dous pavillóns encóntranse moi reformados.
Remove ads
Galería de imaxes
- Vista dende a Alhambra
- Patio da Acequia
- Patio do ciprés da sultana
- Escaleira da auga
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads