Piorno espiñento

especie botánica From Wikipedia, the free encyclopedia

Piorno espiñento
Remove ads

O Piorno espiñento (Genista hystrix), é un piorno (familia das Leguminosas) endémico do noroeste peninsular, incluíndo Galiza.

  • Este artigo trata sobre a especie "Genista hystrix", para a especie homónima de nome científico "Genista anglica" véxase o artigo gatiña.
Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Remove ads

Descrición

Arbusto leñoso e espiñento (ás veces por iso é chamado de toxo), de 1-1,5 m de altura, con talos rexos, estriados e acabados en espiños. Follas sobre as pólas novas, simples, alternas, sentadas, lineares, con pubescencia acaroada no envés. Flores axilares en feixes, amarelas, ao longo das pólas máis vellas. Cáliz tomentoso, en forma de campá e persistente; dentes do labio superior triangular-lanceolados. Vexilo (estandarte) ovalado, lampino, mais cunha fita media sedosa e un pequeno escote no ápice. Froito en legume recto, pardo e con pelos aplicados. Florea na primavera.[1]

Remove ads

Distribución e hábitat

Endemismo do cuadrante noroeste da Península Ibérica, Galiza, Castela e León, norte de Estremadura, e metade norte de Portugal, que se desenvolve nas matogueiras ou piorneiras de terreos silíceos (lousas, peridotitos etc.) e asciende até uns 1000 (1520) m de altitude.[2]

Taxonomía

Genista hystrix foi descrita por Johan Martin Christian Lange e publicado en Descriptio Iconibus Illustrata Plantarum Novarum...Flora Hispanica 1: 1, pl. 2. 1864.[3]

Etimoloxía

Genista: procede do latín vulgar genĕsta, que, á súa vez, deriva do nome latino clásico da planta genista, que dá nome ao xénero e deu en galego o termo xesta (en portugués: giesta), que normalmente se emprega máis nas especies do xénero Cytisus . Os reis e raíñas Plantagenet de Inglaterra tomaron o seu nome, planta Genesta ou plante genest, en alusión a unha historia que, cando Guillerme o Conqueridos se embarcou rumbo a Inglaterra, arrincou unha planta que se mantiña firme, tenazmente, a unha rocha e meteuna no seu casco como símbolo de que el tamén sería tenaz na súa arriscada tarefa. A planta foi a chamada planta genista en latín. Porén Guillerme o Conqueridor chegou moito antes dos Plantagenet e en realidade foi Godofredo de Anjou quen foi alcumado o Plantagenet, porque levaba un ramo de flores amarelas de xesta no seu casco coma unha insignia (genêt é o nome en francés da xesta), e foi o seu fillo, Henrique II, o que se converteu no primeiro rei Plantagenet. Outras explicacións históricas son que Geoffrey plantou este arbusto coma unha cuberta de caza ou que el usábaa para se zoscar a si mesmo. Non foi até que Ricardo de York, o pai dos dous reis Eduardo IV e Ricardo III, cando os membros desta familia adoptaron o nome de Plantagenet, e despois se aplicou retroactivamente aos descendentes de Godofredo I de Anjou como o nome dinástico.[4]

hystrix: epíteto

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads