GeoStar-1

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

GeoStar-1, antes coñecido como Aquila, é un bus para satélites fabricado pola empresa Orbital ATK.[1][2]

Características

O bus GeoStar-1 é un bus compacto e flexible que pode adaptarse para misións tanto civís como militares, incluíndo satélites meteorolóxicos, de observación terrestre, intelixencia e recoñecemento e comunicacións. Está optimizado para o seu uso na órbita xeoestacionaria pero pode adaptarse a órbitas máis baixas, para ser lanzado con foguetes Minotaur, Falcon e outros. Está deseñado para tempos de vida de ata oito anos, proporcionando entre 200 e 1500 W de potencia á súa carga mediante paneis solares. A masa da carga útil pode ser de ata 150 kg.[1][2]

Remove ads

Satélites co bus GeoStar-1

Os satélites que fan uso do bus GeoStar 1:

  • GSSAP 1 (Hornet 1, USA 253)
  • GSSAP 2 (Hornet 2, USA 254)
  • GSSAP 3 (Hornet 3, USA 270
  • GSSAP 4 (Hornet 4, USA 271)
  • GSSAP 5 (Hornet 5)
  • GSSAP 6 (Hornet 6)
  • MITEx A (Wild Geese, USA 187)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads