George Singleton
baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
George Wilfard Singleton Jr., coñecido como George Singleton, nado o 9 de xullo de 1961 en Kershaw, Carolina do Sur, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Formado na universidade de Furman xogou na LEGA, na HEBA e na ACB. Cunha altura de 2,02 metros destacou por ser un dos mellores taponadores da historia da ACB.
Cómpre destacar que é un dos poucos xogadores que conseguiu unha tripla-dobre na liga ACB, facendo o 12 de febreiro de 1994 23 puntos, 12 rebotes e 10 tapóns, nunha vitoria por 84 a 82 do TDK Manresa sobre o Taugrés.[1][2] Está tamén considerado como un dos mellores "matadores" da historia da ACB.[3]
Remove ads
Traxectoria
Furman University. NCAA.
Fórum Valladolid (1984-1986). ACB.
Spondilatte Cremona (1986-1987). LEGA.
Jollycolombani Forli (1987-1988). LEGA.
Annabella Pavia (1988-1989). LEGA.
DYC Breogán (1989–1990). ACB.
TDK Manresa (1990-1994). ACB.
Peristeri (1994). HEBA.
Logros
- Máximo reboteador da historia do Bàsquet Manresa (1.131).
- Máximo taponador da historia do Bàsquet Manresa (331).
- Terceiro máximo taponador da historia do Club Baloncesto Breogán (87).
- Terceiro máximo taponador da historia do Club Baloncesto Valladolid (170).
- Máximo rexistro de tapóns nun só encontro da historia do Bàsquet Manresa (10).
- Máximo rexistro de tapóns nun só encontro da historia do Club Baloncesto Breogán (7).
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads