Georges Le Rider

numismático e bibliotecario francés From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Georges Charles Le Rider, nado o 27 de xaneiro de 1928 en Saint-Hernin, no departamento francés de Finistère, e finado o 3 de xullo de 2014 en Givors, no departamento de Ródano, foi un historiador, bibliotecario e numismático francés especializado na numismática da Antiga Grecia, que dirixiu a Biblioteca Nacional de Francia.[1][2][3][4]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Logo do seu ingreso en 1948 na Escola Normal Superior de París, onde en 1952 acadou a súa graduación en estudos lingüísticos (agrégation de lettres), foi membro da Escola Francesa de Atenas entre 1952 e 1955, e tamén do Instituto Francés de Arqueoloxía do Oriente Próximo, na súa sede de Beirut, onde permaneceu ata 1958.[1][2][3]

Ao seu regreso de Beirut ingresou na Biblioteca Nacional de Francia como conservador do seu Gabinete de Medallas, departamento que pasou a dirixir a partir en 1961.[5][6] En 1975 abandonou o seu posto no Gabinete de Medallas ao ser designado administrador xeral da Biblioteca Nacional, posto que ocupou ata o seu nomeamento, en 1981, como director do Instituto Francés de Estudos Anatolianos, en Istambul.[1][2][3]

Paralelamente, desenvolveu o seu labor como ensinante, inicialmente na Escola Práctica de Altos Estudos de París, da que chegou a ser director de estudos, e en 1965 acadou o grao de doutor en Letras. No curso 1968-1969 ensinou Historia Grega na Universidade de Lille e entre 1984 e 1993 impartiu docencia na Sorbona (París-IV), antes de ser elixido ese mesmo ano profesor titular de Historia Económica e Monetaria do Oriente Helenístico no Collège de France, onde permaneceu ata o seu retiro en 1998.[1][2][3]

En 1989 foi elixido membro da Académie des inscriptions et belles-lettres (París). No ámbito académico, formou parte tamén da Académie royale des Sciences, des Lettres et des Beaux-Arts (Bruxelas) e da Academia Polaca de Ciencias e Letras (Cracovia). [1][2][3]

Entre outras organizacións do ámbito numismático, pertenceu á Société française de Numismatique (París), á American Numismatic Society (Nova York), á Société royale de Numismatique de Belgique (Bruxelas), á Österreichische Numismatische Gesellschaft (Viena), á Societatea Numismatica Româna (Bucarest) e á Comisión Internacional de Numismática, da que foi presidente entre 1973 e 1979.[1][2][3]

Entre 1962 e 1975 foi un dos integrantes do equipo de dirección da Revue Numismatique, editada pola Sociedade Francesa de Numismática.[7]

En 1999, con motivo da súa xubilación, recibiu unha homenaxe en forma de publicación, titulada Travaux de numismatique grecque offerts à Georges Le Rider, baixo a dirección de Michel Amandry e Silvia Hurter, que recolle 37 colaboracións de especialistas mundiais na numismática da Antiga Grecia.[8][9]

Remove ads

Recoñecementos

Entre outros, Georges Le Rider foi recoñecido cos seguintes premios e distincións:[1][2][3]

Distincións

  • (1977): Cabaleiro da orde da Lexión de Honor.[10]
  • (2008): Oficial da orde da Lexión de Honor.[11]
  • (1976): Doutor honoris causa pola Universidade Católica de Lovaina
  • (2000): Doutor honoris causa pola Universidade de Lausana.
  • Oficial da Orde do Mérito.
  • Comendador da Orde das Palmas Académicas.
  • Comendador da Orde da Estrela Polar (Suecia).
  • Comendador da Orde do León (Senegal).

Premios

Remove ads

Escolma de publicacións

Da ampla produción de artigos e monografías da autoría de De Rider, pódense salientar os seguintes:[15][16]

Monografías

  • (1965): Suse sous les Séleucides et les Parthes, les trouvailles monétaires et l’histoire de la ville (tese de doutoramento). P. Geuthner. París.
  • (1966): Monnaies crétoises du Ve au Ier siècle av. J.-C. (tese complementaria). P. Geuthner. París.
  • (1975): Code pour l’analyse des monnaies. Centre national de la recherche scientifique. ISBN 978-2222018162
  • (1977): Le monnayage d’argent et d’or de Philippe II frappé en Macédoine de 359 à 294. E. Bourgey. París. ISBN 9782902617012
  • (1983): Catalogue de la collection Delepierre entrée au Cabinet des médailles en 1966 (con H. Nicolet).
  • (1989): Le Trésor de Meydancikkale (Cilicie-Trachée 1980) (con A. Davesne). Recherche sur les Civilisations. París. ISBN 9782865381951
  • (1996): Monnayages et finances de Philippe II, un état de la question. Atenas. ISBN 960-7094-92-1
  • (1997): Prix du blé et numéraire dans l’Égypte lagide de 305 à 173 (con H. Cadell). Fondation égyptologique Reine Elisabeth. Bruxelas.
  • (1998): Séleucie du Tigre, les monnaies séleucides et parthes. La Lettere. ISBN 978-8871664422
  • (1999): Antioche de Syrie sous les Séleucides: corpus des monnaies d’or et d’argent. I. De Séleucos à Antiochos V, c. 300-161. Académie des inscriptions et belles-lettres. París. ISBN 978-2877541077
  • (2001): La naissance de la monnaie: pratiques monétaires de l'Orient ancien. Presses Universitaires de France. ISBN 978-2130514671
  • (2003): Alexandre Le Grand: monnaie, finances et politique. Presses Universitaires de France. ISBN 978-2130529408
  • (2006): Les Séleucides et les Ptolémées: l'héritage monétaire et financier d'Alexandre le Grand (con François de Callataÿ). Editions du Rocher. ISBN 978-2268058504

Artigos

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads