Get Behind Me Satan

álbum de The White Stripes From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Get Behind Me Satan é o quinto álbum da banda estadounidense de rock alternativo The White Stripes, editado o 7 de xuño do 2005 a través do selo V2 Records. Aínda que mantén unha produción básica como os seus álbums anteriores, Get Behind Me Satan marca un cambio dende o seu predecesor Elephant, sendo o condutor o piano e incorporando un maior rango de instrumentos como a marimba e o triángulo.

Datos rápidos Álbum de The White Stripes, Publicado ...

Jack White usa diferentes técnicas que noutros traballos do pasado, cambiando a súa guitarra eléctrica polo piano, a mandolina e a guitarra acústica en case todos os temas, sendo o seu estilo habitual con guitarras máis pesadas substituído por unha aproximación máis rítmica ás cancións. Rolling Stone elixiuno como terceiro álbum do ano e recibiu o Grammy ao mellor álbum de música alterntiva no 2006. Get Behind Me Satan vendeu ao redor das 850.000 copias nos Estados Unidos ata febreiro do 2007.

Remove ads

Listaxe de cancións

Todos os temas compostos por Jack White.

  1. "Blue Orchid" – 2:37
  2. "The Nurse" – 3:47
  3. "My Doorbell" – 4:01
  4. "Forever for Her (Is Over for Me)" – 3:15
  5. "Little Ghost" – 2:18
  6. "The Denial Twist" – 2:35
  7. "White Moon" – 4:01
  8. "Instinct Blues" – 4:16
  9. "Passive Manipulation" – 0:35
  10. "Take, Take, Take" – 4:22
  11. "As Ugly as I Seem" – 4:10
  12. "Red Rain" – 3:52
  13. "I'm Lonely (But I Ain't That Lonely Yet)" – 4:19
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads