Gigantopithecus

xénero de mamíferos From Wikipedia, the free encyclopedia

Gigantopithecus
Remove ads

Gigantopithecus (do grego antigo γίγας gigas "xigante", e πίθηκος pithekos "mono") é un xénero extinto de Hominoidea que existiu probablemente dende hai nove millóns de anos ata hai 100.000 anos, durante o mesmo período no que o Homo erectus se dispersou,[1] no que hoxe é a India, Vietnam, a China e Indonesia, o cal sitúa ó Gigantopithecus no mesmo espazo xeográfico e temporal de moitas outras especies de Hominini.[2][3] O rexistro fósil do primate suxire que a especie Gigantopithecus blacki foi a meirande especie de primate que xamais existiu, chegando a medir máis de 3 metros e cun peso estimado de 540-600 kg,[1][4][5][6] malia que hai expertos que suxiren que podería ter sido moito máis pequeno, de 1,8-2 metros de altura e un peso de 180-300 kg.[7][8][9][10] Baseándose na secuación de péptidos, os seus parentes vivos máis achegados son os orangutáns.[11]

Datos rápidos Dimensións, Clasificación taxonómica ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads