Gmail
servizo de correo electrónico da empresa estadounidense Google From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Gmail, tamén coñecido como Google Mail, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google.
Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Remove ads
Historia
O 31 de marzo de 2004 Google lanzou o seu servizo (en fase beta) Gmail que se destacou entre os servizos de correo máis populares do momento por proporcionar 1 gigabyte de capacidade (posteriormente aumentada a 6 gigabytes). Durante bastante tempo, para poder acceder a unha conta Gmail era necesario recibir unha invitación doutro usuario de Gmail.
Este servizo de mensaxería destacou, entre outras cousas, por utilizar un sistema de procura de mensaxes simple e avanzado ao mesmo tempo, similar ao do buscador web ao cal debe o seu slogan "Non organices, busca". Ademais ofrece outras características adicionais como as etiquetas, filtros avanzados, posibilidade de múltiples contas para correo saínte, chat integrado etc. que o fan moi atractivo.
Atópase dispoñible en 72 idiomas.[1] Gmail está dispoñíbel en galego desde o 7 de xullo do 2014.[2]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
