Goles
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Goles é unha cor en heráldica, que se corresponde co vermello,[1] procedente do francés gueules. Hai que ter en conta que goles é un substantivo masculino invariable en singular e plural, mentres que a forma *gules é un castelanismo.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Gol (homónimos).

Corresponde cunha cor vermella intensa. Cando se trata dun escudo gravado, represéntase por medio dunhas liñas negras verticais.
O nome parece vir do francés gueule (fauces), pola cor do interior da boca dos animais.
Remove ads
Significado

Por ser a cor do sangue, o seu uso ten sempre unha referencia a feitos bélicos e á representación da forza do persoeiro ou país representado nos escudo. Tampouco hai que deixar de lado o feito de que se trata dunha cor primaria, moi usada, polo tanto, en heráldica.
Uso
Algúns usos do goles:
- Moi usado na heráldica polaca, por exemplo no Escudo de Polonia.
- Tamén é propio da heráldica dos emiratos do Golfo, por exemplo na Bandeira de Bahrain.
- No século XX, foi a cor adoptada polo Comunismo.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads