Google+

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Google+, pronunciado e escrito ás veces como Google Plus, tamén abreviado como G+, foi un servizo de rede social operado pola compañía estadounidense Google. Google+ lanzouse en xuño de 2011. Nun principio, os usuarios tiñan que ser maiores de 13 anos de idade,[1] para crear as súas propias contas. Google+ foi a terceira rede social con máis usuarios no mundo, non pola súa popularidade senón pola ligazón con YouTube, obtendo arredor de 343 millóns de usuarios activos.

Datos rápidos Instancia de, Texto lema ...

Google+ integraba distintos servizos: círculos, Hangouts, intereses e comunidades.[2] Google+ tamén estivo dispoñible como unha aplicación de escritorio e como unha aplicación móbil, pero só nos sistemas operativos Android e iOS. Fontes como The New York Times declarárono o maior intento de Google para competir coa rede social Facebook,[3] a cal tiña máis de 750 millóns de usuarios en 2011.[4] O 20 de setembro de 2011, Google permitiu a creación de contas a usuarios con máis de 18 anos, con melloras nas súas extensións de videoconferencias.[5]

Google anunciou o peche definitivo en abril de 2019[6] por motivos relacionados con erros de seguridade no acceso a datos privados de usuarios afectados, que poderían ascender até o medio millón de contas.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads