Gramática elemental del gallego común
ensaio lingüístico de Ricardo Carballo Calero From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Gramática elemental del gallego común é unha gramática da lingua galega de Ricardo Carballo Calero publicada pola Editorial Galaxia en 1966.
O autor explica no prólogo a quen vai dirixida a obra e a escolla do idioma:
... pueda ser de utilidad tanto para los alumnos de aquella Facultad como para los futuros profesores de Enseñanza General Básica... Unos y otros, así como las demás personas cultas que manejen este libro, conocen el español oficial, que es su lengua escolar, y por lo tanto poseen nociones gramaticales más o menos profundas de dicha lengua. Partimos de ese supuesto, y, a causa de ello, en general, omitimos la reiteración de lo que es común a la estructura de las dos lenguas, y la española es el término de referencia de nuestro estudio[1].
Remove ads
Contido
I. Orientación bibliográfica
- Formación da lingua
- Gramáticas históricas galegas
- Gramáticas históricas portuguesas
- O léxico medieval
- A lingua moderna
- Estudos xerais
- Dialectoloxía
- Fonoloxía
- Dicionarios e vocabularios xerais
- Métodos prácticos para a aprendizaxe do galego
II. Xeneralidades
- O galego común
- Galego e latín
- Orixes do galego
- Fontes lexicais distintas do latín
- Galego e portugués
- Galego e castelán
- O galego no occidente ibérico
- A fragmentación lingüística do complexo occidental
- Galego coloquial e galego literario
- Modalidades do galego
- Historia da lingua
- O galego-portugués
- O galego e o portugués
- Galego-portugués e galego medieval
- A lingua da lírica galego-castelá
- O galego medieval posterior
- O galego medio
- A lingua do Renacemento
- A situación actual
- Perfil histórico do galego
III. Os sons
- O alfabeto galego
- As vogais
- Vogais tónicas. E aberto
- E pechado
- O aberto
- O pechado
- Vogais átonas
- O final
- Metafonía nominal
- Metafonía verbal
- Valor significativo do timbre vocálico
- Vacilación vocálica
- A protético
- I epentético
- E paragóxico
- Ditongos
- Tritongos
- Nasalidade
- Vogais longas
- Solucións máis comúns nos casos de alternancias vocálicas
- Elisión de vogais en fonética sintáctica
- As consoantes
- Distribución de vogais e consoantes na palabra
- O acento
- A entoación
- Ortografía
IV. As palabras
- O xénero
- Formación do feminino
- O número
- Formación do plural
- Aumentativos
- Diminutivos
- Despectivos e apreciativos
- A cualificacións dos substantivos
- O xénero
- Formación do plural
- Gradación apreciativa
- Comparativos
- Superlativos
- O artigo
- Determinativos do nome
- O artigo determinado
- O artigo indeterminado
- Formas
- O pronome flexivo
- Observacións
- Contraccións dos pronomes persoais
- Contraccións de pronome e preposición
- Cardinais e ordinais
- Multiplicativos
- Partitivos
- Colectivos
- Indefinidos
- Relativos, interrogativos e exclamativos
- O verbo
- Xeneralidades
- Verbos auxiliares
- Os verbos regulares
- Alternancia vocálica
- Observacións
- Verbos irregulares
- Adverbios cualificativos
- Adverbios de tempo
- Adverbios de lugar
- Adverbios de cantidade
- Adverbios de afirmación
- Adverbios de negación
- Adverbios de dúbida
- Adverbios de orde
- Gradación
- Locucións adverbiais
- Nexos simples e complexos
- Conxuncións coordinativas
- Conxuncións subordinativas
V. Usos e construcións
- A sintaxe do galego
- O substantivo
- Complemento atributivo construído como rexente
- Determinante de materia construído como atributo
- Uso do artigo determinado cos posesivos
- Uso dos artigo determinados cos antropónimos
- O artigo con interrogativas
- O artigo en frases adverbiais
- Restricións no artigo contracto
- Uso de che e te
- Dativo de solidariedade
- Contraccións de preposición e pronome de terceira persoa
- Se o pronome átono pode iniciar oración
- Colocación do pronome átono con relación ao verbo
- Intercalación de palabras entre o pronome e o verbo
- Concorrencia de formas átonas
- El suxeito impersoal
- El reforzo interrogativo
- Nominativo pleonástico de 3ª persoa en oracións de relativo
- Predicado pronominal concertado
- Demostrativos
- Posesivos
- Adxectivos cuantitativos
- Relativos, interrogativos e exclamativos
- O verbo
- Réxime pronominal
- Voces
- Modos
- Tempos
- Infinitivo persoal
Remove ads
Proxección
Nunha conversa con Carmen Blanco [2] lembra Carballo Calero a oportunidade da publicación:
Había, alá polos anos sesenta, unha carencia absoluta dun manual moderno de gramática e, entón, pidíuseme que realizase eu a tarefa de dotar aos interesados dun manual dese tipo, así naceu a "Gramática"
A profesora Pilar Vázquez Cuesta sinalou xa a súa importancia ao pouco de publicarse:
Creemos por eso que pocos libros llenan un hueco máis importante y están llamados a desempeñar un papel tan útil como esta Gramática elemental del gallego común de Ricardo Carballo Calero, que acaba de publicar Galaxia, Gramática que bajo la simpática modestia de su título y de su propia presentación significa no ya la reimpresión después de treinta años[3] sino la puesta al día de todo lo que es imprescindible a una persona culta conocer sobre el gallego [4].
Nos primeiros anos reeditouse en 1968 (2ª), 1970 (3ª), 1974 (4ª), 1976 (5ª n.v. e 6ª), 1979 (7ª) [5].
Esta obra de Carballo Calero está citada como fonte na bibliografía de moitos estudos sobre a lingua galega, como na Gramática galega (1986) [6] ou na Gramática da lingua galega I (1998) [7]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads