Alfabeto galego
letras empregadas en galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais.
No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc. Tamén se empregaban as letras j, g, ç, e duplicacións, como -ss-, -ll-etc., que respondían probablemente a sons que se perderon no estándar actual, e sempre con bastante vacilación no seu emprego. Do mesmo xeito, moitas terminacións de palabras eran elididas ou abreviadas.
A partir da codificación posterior dos dialectos meridionais, o portugués desenvolveu unha serie de dígrafos característicos (lh (/ʎ/), nh (/ɲ/)), que empregan hoxe en día as persoas partidarias das correntes reintegracionistas.
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.  | 
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads