Gran Guerra Patria
termo From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O termo Gran Guerra Patria ou Gran Guerra Patriótica (ruso: Вели́кая Оте́чественная война́, Velikaya Otechestvennaya voyna[1]) é utilizado en Rusia e outros estados sucesores da Unión Soviética (excepto aqueles que forman parte da OTAN) para referirse ao conflito que tivo lugar entre o 22 de xuño de 1941 e o 9 de maio de 1945 en todas as frontes da Fronte Oriental da segunda guerra mundial, entre a Unión Soviética e o Terceiro Reich e os países do Eixo.
A Gran Guerra Patria conmemorase desde o 11 de maio de 1945 incluíndo tamén a fin da Ofensiva de Praga.[2]
Remove ads
Historia
O termo Guerra Patria refírese á resistencia rusa á invasión do Imperio Ruso por parte das tropas do Primeiro Imperio Francés de Napoleón Bonaparte, que pasou a ser coñecido como Guerra Patria de 1812. En ruso, o termo "отечественная война" orixinalmente refírese á guerra dentro do propio territorio (otechestvo significa "a Patria"), oposto ás campañas no estranxeiro (заграничная война),[3] e máis tarde interpretado como a guerra pola Patria. Ás veces, a Guerra Patria de 1812 é coñecida como a Gran Guerra Patria (Великая отечественная война); a frase apareceu por primeira vez pouco despois de 1844[4] e fíxose popular na véspera do centenario da guerra de 1812.[5]
Despois de 1914, a frase utilizouse para referirse á primeira guerra mundial.[6] Foi o nome dun suplemento especial de guerra da revista Teatro e Vida (Театр и жизнь) en Petrogrado, e referíase á Fronte Oriental da primeira guerra mundial, onde Rusia loitou contra o Imperio Alemán e o Imperio Austrohúngaro.[6] As frases Segunda Guerra Patria (Вторая отечественная война) e Gran Guerra Mundial da Patria (Великая всемирная отечественная война) tamén foron utilizados durante este período en Rusia.[6]
O termo Gran Guerra Patriótica reapareceu no xornal soviético Pravda o 23 de xuño de 1941, xusto o día despois que que tivera lugar a Operación Barbarroxa por parte do exército nazi. Apareceu baixo o título A Gran Guerra Patriótica da xente sovética(Velikaya Otechestvennaya voyna sovetskogo naroda), nun longo artigo de Yemelyan Yaroslavsky, membro colexiado de editores de Pravda.[6] A frase pretendía motivar á poboación a defender á Patria soviética e repeler ao invasor; facer referencia así á Guerra Patriótica de 1812 supuxo un grande impulso para a moral.
O 20 de maio de 1942, creouse a Orde de Gran Guerra Patria, que outorgábase por feitos heroicos.
Remove ads
Uso
O termo non foi moi utilizado fora do territorio da Unión Soviética. Hai unha diferenza significativa entre utilizar Gran Guerra Patria e Segunda Guerra Mundial, xa que o termo soviético non inclúe o período no que a URSS era aliada da Alemaña Nazi e invadiu seis países europeos (Polonia, Finlandia, Países Bálticos e Besarabia).[7] O termo tampouco fai referencia a invasión soviética de Irán en 1941 xunto a Gran Bretaña, a guerra do Pacífico contra o Xapón (que inclúe a Guerra sino-soviética de 1945) nin a Fronte Occidental.[2]
O 9 de abril de 2015 o Parlamento de Ucraína substituíu o termo Gran Guerra Patriótica por segunda guerra mundial,[8] como parte dun conxunto de leis descomunizadoras.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads