Gran Lago do Escravo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Gran Lago do Escravomap
Remove ads

O Gran Lago do Escravo ou dos Escravos (inglés: 'Great Slave Lake'; francés: 'Grand Lac des Esclaves') é un dos grandes lagos do Canadá, o segundo maior nos Territorios do Noroeste (despois do Gran Lago do Oso), e forma parte da cunca do río Mackenzie. A súa profundidade máxima é de 614 m,[1] o que o converte no lago máis profundo de Norteamérica. Atópase na desemboca do río do Escravo. Ten 480 km de longo e de 19 a 109 km de largo e unha superficie de 28.930 km²,[1] similar á de Albania, que o converten por superficie no décimo maior lago no mundo. O seu volume é 2.090 km³. O seu nome deriva de ser a rexión dos «Slavey», un grupo dene das Primeiras Nacións, que significa «escravo» ou «estranxeiro».

Datos rápidos Tipo, Localización ...

As principais localidades na redonda do lago son: Yellowknife, Fort Providence, Hay River e Fort Resolution. A única comunidade no Brazo do Leste é Lutselk'e, unha aldea dunhas 350 persoas, en gran parte chipewyan, aborixes da nación dene.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads