Gran Premio de Alemaña de 1965

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 de 1965 (formalmente o XXVII Großer Preis von Deutschland) celebrouse en Nürburgring o 1 de agosto de 1965. A carreira, disputada sobre 15 voltas, foi a sétima rolda da tempada de Fórmula Un de 1965. Foi gañada por Jim Clark, que no seu Lotus - Climax, logrou a pole position, a volta rápida da carreira, e liderou tódalas voltas. A vitoria aseguroulle a Clark a vitoria no Campionato do Mundo de Pilotos a falta de tres carreiras. Tamén significou que Lotus gañara o Mundial de Construtores ao mesmo tempo. o piloto de BRM, Graham Hill, terminou a carreira en segunda posición por diante do Brabham - Climax de Dan Gurney, que completou o podio ao terminar terceiro.

Datos rápidos Nome oficial, Nome na lingua orixinal ...
Remove ads

Informe da carreira

Graham Hill en teoría podería alcanzar a Clark no campionato. Con todo, Clark converteuse en campión cunha maxistral actuación, que o levou desde a pole ata a bandeira final e ao establecemento da volta rápida, para obter o máximo de puntos con 3 Grandes Premios aínda por disputar. Detrás del, o resto tivo todo tipo de problemas mecánicos, Surtees tivo problemas co cambio de velocidades, Stewart dobrou un brazo oscilante, Hulme perforou o tanque de combustible cando se lle soltou o asento e Amón tivo problemas de transistores a pesar de cambiar dúas caixas de transistores! Clark coroouse como campión a principios de agosto, sendo o campionato que se gañous máis cedo o campionato ata 2002, cando Michael Schumacher conseguiu o seu quinto título o 21 de xullo.

Remove ads

Clasificación

Thumb
Gerhard Mitter nun Lotus 25.
Thumb
Jochen Rindt nun Cooper T77.
Thumb
Jack Brabham nun Brabham BT11.
Máis información Pos, Nº ...
Remove ads

Posicións despois da carreira

Máis información Pos, Piloto ...
  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads