Graham Hill
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Norman Graham Hill, OBE[1] nado en Hampstead (Londres) o 15 de febreiro de 1929 e finado preto de Arkley o 29 de novembro de 1975, foi un piloto inglés, dúas veces campión mundial da Fórmula 1 (1962 e 1968).
É o único piloto en gañar a tripla coroa do automobilismo, as 24 Horas de Le Mans, Indianápolis 500 e, ou ben o Gran Premio de Mónaco ou o campionato mundial de pilotos de Fórmula 1.[2][3] Tamén apareceu na televisión na década de 1970 nunha variedade de programas non deportivos, incluíndo xogos de panel. Gustáballe a pintura no seu tempo libre.
Hill e o seu fillo Damon son a única parella de pai e fillo na que ambos gañaron o Campionato Mundial de fórmula 1. O neto de Hill Josh, fillo de Damon, tamén participou en carreiras ata que se retirou da Fórmula Tres en 2013 á idade de 22 anos.
Remove ads
Primeiros anos
Nado en Hampstead, Londres, Hill asistiu á Hendon Technical College e uniuse a Smiths Instruments como aprendiz de enxeñeiro antes de ser recrutado na Royal Navy, no cruceiro lixeiro HMS Swiftsure , chegando ao rango de suboficial. Logo de saír da Mariña, volveu a Smiths Instruments.[4]
Traxectoria

Debutou na F1 aos 29 anos, idade á que hoxe en día os pilotos xa pensan na retirada, pero é que Hill non aprobou o exame de conducir ata que cumpriu 24 anos, e mesmo describiu o seu primeiro coche como "Un desastre. Un piloto en ciernes debería posuír un automóbil deste tipo, xa que ensina delicadeza, equilibrio e anticipación, sobre todo isto último, creo!" Interesarase nas motocicletas, pero en 1954 viu un anuncio para o Universal Motor Racing Club en Brands Hatch ofrecendo voltas por 5 xilins. Fixo o seu debut nun Cooper 500 de Fórmula 3 e comprometeuse a competir a partir de entón. Hill uniuse a Team Lotus como mecánico pouco despois, pero rapidamente buscou sitio como piloto. A presenza de Lotus na Fórmula Un permitiulle facer a súa debut no Gran Premio de Mónaco de 1958, retirándose cunha rotura do palier.
En 1960, Hill uniuse a BRM, e gañou o campionato do mundo con eles en 1962. Hill tamén formou parte da chamada 'invasión británica' de pilotos e autos nas 500 Millas de Indianápolis, a mediados da década de 1960, triunfando alí en 1966 nun Lola - Ford.

En 1967, de volta en Lotus, axudou a desenvolver o Lotus 49 co novo motor Cosworth-V8. Despois de que os seus compañeiros de equipo Jim Clark e Mike Spence morreran a principios de 1968, Hill lideró o equipo e gañou o seu segundo campionato mundial en 1968. O Lotus tiña unha reputación de ser moi fráxil e perigoso nese momento, especialmente coas novas axudas aerodinámicas que causaron choques similares ao de Hill e Jochen Rindt no Gran Premio de España de 1969. Nun accidente no Gran Premio dos Estados Unidos de 1969 en Watkins Glen rompeu ambas pernas e interrompeu a súa carreira. Cando se lle preguntou pouco despois do accidente, se quería transmitirlle unha mensaxe á súa esposa, Hill respondeulle: "Só dille que non podereir bailar durante dúas semanas".[5]
Logo de recuperarse Hill seguiu correndo na F1 durante varios anos máis, pero nunca máis co mesmo nivel de éxito. Colin Chapman, crendo que Hill estaba acabado, colocouno no equipo de Rob Walker durante 1970, endulzando o trato cun dos novos coches Lotus 72). Aínda que Hill anotou puntos en 1970 comezou a tempada lonxe de encaixar completamente e o 72 non se desenvolveu completamente ata finais da tempada. Hill fichou por Brabham para 1971-1972. A súa última vitoria na Fórmula Un fóra de campionato foi no International Trophy en Silverstone en 1971 co Brabham "lobster claw" (pinza de lagosta). O equipo estaba en cambios continuos logo das retiradas de Sir Jack Brabham e a venda de Ron Tauranac a Bernie Ecclestone e Hill non permaneceu no equipo.

Hill fíxose famoso durante a última parte da súa carreira polo seu enxeño e converteuse nunha personalidade popular, foi un invitado regular na televisión e escribiu unha notable autobiografía franca e enxeñosa, Life at the Limit,[6] ao recuperarse do seu accidente de 1969. Hill tamén foi irreverentemente inmortalizado nun episodio de Monty Python ("It's the Arts (ou: Intermission)" sketch chamado "Historical Impersonations"), no cal un Gumby aparece preguntando para "ver a personificación de Juan o Bautista de Graham Hill." A cabeza de Xoán o Bautista aparece (cun bigote alargado estilo Hill) nun prato de prata, que corre ao redor do chan facendo ruído, putt-putt, como un motor de carreiras.

Hill participou en catro películas entre 1966 e 1974, incluíndo aparicións en Grand Prix e Caravan to Vaccarès, no cal aparece como piloto de helicóptero.[7]
Remove ads
Morte
Hill morreu aos 46 anos cando o avión bimotor de seis prazas Piper Aztec que pilotaba estrelouse e incendiouse en condicións de néboa pola noite preto do campo de golf de Arkley no norte de Londres. Hill, Tony Brise, e outros catro membros do equipo de carreiras de Hill regresaban das probas no Circuíto de Paul Ricard en Francia e debían aterrar en Elstree Airfield. Os seis morreron.[8][9][10]
Resultados nas carreiras
Resultados no Campionato Mundial de Fórmula 1
Carreiras en letra grosa indican pole position.
Resultados completos na Fórmula 1 fora do campionato
(key) (Carreiras en grosa indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)
Resultados nas 500 Millas de Indianápolis
- Hill non cualificou o innovador coche 'roller skate' deseñado por John Crosthwaite (que traballara con Hill en Team Lotus) para a carreira das 500 Millas de Indianápolis de 1963 logo de estrelarse na práctica. Hill, que estivera viaxando semanalmente debido a outros compromisos en Europa, non esperou nos Estados Unidos mentres o coche reparábase e polo risco de non cualificar ou cualificar mal.[13][14]
- A vitoria de Hill en 1966 foi a primeira vitoria dun piloto novato desde a vitoria de Frank Lockhart en 1927 e a última ata a vitoria de Juan Pablo Montoya en 2000.
- Hill entrou nas 500 Millas de Indianápolis de 1969, pero o seu coche (Lotus-Ford Chasis 64/2) foi retirado durante a práctica xunto cos de Mario Andretti e Jochen Rindt debido a atrasos para rectificar problemas asociados co fallo do eixe traseiro no coche de Andretti.
Resultados completos nas Tasman Series
Resultados nas 24 Horas de Le Mans
- 1963 Rover-BRM correu polo premio ACO cun coche de turbina de gas cubrindo un mínimo de 3600 km. non clasificaba oficialmente.
Predecesor: Phil Hill |
Campión da Fórmula 1 1962 |
Sucesor: Jim Clark |
Predecesor: Denny Hulme |
Campión da Fórmula 1 1968 |
Sucesor: Jackie Stewart |
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads