Gran Premio de Francia de 1967
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Gran Premio de Francia de fórmula 1 de 1967 celebrouse no Autódromo de Bugatti o 2 de xullo de 1967. Foi o primeiro Gran Premio de Francia, que se celebrou en Le Mans desde a primeira carreira en 1906 e ata 2013, foi a única vez que o Circuíto Bugatti se utilizou para o Gran Premio de Francia.
O circuíto de Bugatti utiliza o pit da recta principal de Le Mans, que en 1967 non tiña a chicane Dunlop, logo viraba á dereita en "La Chapelle" seguido dunha curva interior a esquerdas, "Le Musée", seguida logo doutra curva a dereita, "Garage Vert", que daba á recta de atrás, a única característica distintiva era a "Chemin Aux Boeups", unha curva a esquerda (agora unha chicane esquerda-dereita), antes de regresar á recta de boxes a través das curvas "S Bleu" e "raccordement" preto da entrada a boxes. O circuíto era aburrido e foi universalmente impopular entre os pilotos e os espectadores con só 20.000 asistentes á carreira, algúns pilotos expresaron en privado o seu desexo de que a carreira se levara a cabo na totalidade dos 13´461 quilómetros de longo do Circuíto da Sarthe, onde a recta de Mulsanne de 5´7 km. era 1´3 km máis longa que todo o circuíto de Bugatti.
Nese momento, os circuítos con lonxitudes de 10 km ou máis eran comúns nos Grandes Premios, cos 14´120 km. de Spa-Francorchamps utilizado para o Gran Premio de Bélxica, e os infames 22´835 quilómetros de Nürburgring utilizado para o Gran Premio de Alemaña, así que moitos pilotos querían usar o circuíto completo das 24 Horas considerándoo como o lugar adecuado para a carreira.
Remove ads
Informe da carreira
Graham Hill estaba na pole e liderou a primeira volta ata que Jack Brabham o pasou. Na volta 7 Jim Clark tomou o liderado e Hill pasou a Brabham para facer un 1-2 de Lotus. Hill retomou o liderado ata que a coroa e o piñón da roda fallaron na volta 14. O mesmo problema causou a retirada de Clark da cabeza na volta 23, quedando Brabham por diante de Dan Gurney, Chris Amon e Denny Hulme. Na volta 41 o circuíto de combustible do coche de Gurney rompeuse, polo que quedou un 1-2 para Brabham, o cable do acelerador Amon rompeu varias voltas máis tarde. Brabham chegou á meta tranquilamente, gañando a súa primeira carreira logo de oito grandes premios sen gañar, por 49´5 segundos e xustificando a súa posición como Campión do Mundo.
Remove ads
Clasificación
Remove ads
Posicións logo da carreira
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Francia de 1967 |
Ligazóns externas
- "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2014. Consultado o 2008-01-16.
Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 1967 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1967 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 1967 |
Carreira anterior: Gran Premio de Francia de 1966 |
Gran Premio de Francia | Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1968 |
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads