Gran Premio de Mónaco de 1961
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Gran Premio de Mónaco de 1961 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 14 de maio de 1961 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a primeira carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1961, e a primeira carreira do Campionato Mundial baixo as novas regulacións de motor de 1,5 litros.[1]

Remove ads
Informe
Cualificación
As erráticas variacións anuais dos regulamentos de clasificación de Mónaco garantiron un lugar na grella para os equipos de fábrica e anteriores gañadores en 1961.[2] Polo tanto os cinco equipos de fábrica adxudicáronse dúas prazas cada un na grella, mentres que Stirling Moss e Maurice Trintignant os obtiveron por puntos. Isto deixou a nove pilotos pelexando polos catro postos restantes. Quedou un quinto sitio cando Innes Ireland estrelouse durante a última sesión de adestramentos, rompéndose a perna. Moss logrou a pole position diante de Richie Ginther e Jim Clark, con Graham Hill e Phil Hill na segunda fila.
Carreira
Ginther adiantou Clark e Moss na primeira curva, pero Clark rapidamente tivo problemas coa bomba de combustible. Ginther caeu ao terceiro posto na volta 14, cando Moss e Bonnier pasaronlle case ao mesmo tempo. No primeiro cuarto de carreira, Moss xa tiña 10 segundos de vantaxe (no pouco potente Lotus 18 - Climax)[3], pero os Ferrari de Hill e logo o de Ginther comezaron a pechar a brecha. A media carreira, Moss lideraba por 8 segundos, que baixaron a 3 segundos na volta 60. Ginther alcanzou o segundo lugar na volta 75 e tratou de pechar a brecha, pero Moss demostrou ser capaz de igualar os seus tempos de volta, a pesar da vantaxe en potencia de cabalos do 156.[4]
Remove ads
Clasificación
Remove ads
Notas
- Pole position: Stirling Moss - 1:39.1
- Volta rápida: Richie Ginther e Stirling Moss – 1:36.3
- Líder por voltas: Richie Ginther 13 voltas (1-13); Stirling Moss 87 voltas (14-100).
- Stirling Moss quitou os paneis laterais do seu obsoleto Lotus 18 para mantelo fresco
Posicións logo da carreira
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Ligazóns externas
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Mónaco de 1961 |
Carreira anterior: Gran Premio dos Estados Unidos de 1960 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1961 |
Carreira seguinte: Gran Premio dos Países Baixos de 1961 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1960 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1962 |
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads