Graus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Graus é unha vila aragonesa, da provincia de Huesca. É a capital administrativa da comarca de Ribagorza. O concello ocupa 300,41 km².
Remove ads
Xeografía
Graus está situado no centro-oeste da provincia oscense, no Pre-Pireneo, polo que a Ribagorza, está arrodeada de serras de altura mediana, como o Turbón, que se achega aos 2.500 m de altura. A cidade érguese nun punto onde se xuntan o río Esera e o Isábena. A súa situación nas ladeiras do Tozal de San Miguel, que baixan até os leitos fluviais orixinou o seu nome, do latín gradus "chanzos". A súa altitude media é de 469 msnm. Na zona hai varios encoros: El Grado; Mediano; Barasona.
O clima é mediterráneo continentalizado.
Remove ads
Historia
Ramiro I, primeiro rei aragonés, achou a morte, en 1064, cando tentaba tomar Graus. Os cristiáns do reino de Aragón apoderáronse da localidade en 1083 con Sancho Ramírez. O rei cedeu Graus ao mosteiro de San Vitorián, para que o reconstruísen e repoboasen, outorgando importantes privilexios a quen fose morar a Graus.
O rei Pedro II concedeulle á vila o título de moi nobre e moi antiga, que aínda utiliza.
Durante os séculos XVI e XVII gozou dun grande esplendor económico, que favoreceu o mecenado e construción de boas casas-pazo como as que se erguen na súa Praza Maior. Nesa época edificouse a basílica da Nosa Señora da Peña.
A inicios do século XVIII, durante a Guerra de Sucesión española, Graus decantouse polo pretendente austríaco.
Durante a Guerra Civil española, dominada pola CNT, converteuse nun centro de colectivización libertaria.
Remove ads
Patrimonio artístico
- Igrexa parroquial de San Miguel, gótica, do século XIII.
- Praza Maior, con lindos pazos urbanos, con pinturas nos beiril|beirís e con soportais, dos que salienta o Pazo de Rodrigo de Mur.
- Ermida de San Gregorio, do século XII.
Xa fóra do casco urbano de Graus:
- Santuario de Nosa Señora da Peña, do século XVI, no outeiro da Peña do Morral.
Festas
- As festas maiores celébranse entre o 12 e o 15 de setembro, en honra do Santo Cristo e de san Vicente. No luns da semana maior ten lugar a "feira das trufas", con exposición e venda dese produto.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Graus |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

