Gravity Probe B

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Gravity Probe B, tamén coñecido polo seu acrónimo GP , foi un satélite artificial da NASA lanzado o 20 de abril de 2004 mediante un foguete Delta 7920 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][5][6]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Características

GP B foi un satélite experimental desenvolvido pola NASA e a Universidade de Stanford para comprobar dúas predicións da relatividade xeral de Einstein. O experimento comprobou con alta precisión pequenísimos cambios na dirección de rotación de catro xiroscopios contidos no satélite, en órbita polar a 650 km da Terra. Os xiroscopios mediron como o espazotempo se distorsiona pola presenza da Terra e como a súa rotación arrastra o espazotempo ao seu arredor.[2][5][6]

A misión ten unha longa historia, cos primeiros pasos dados en 1964 para valorar a posibilidade de facer unha misión así. En 1985 a NASA iniciou un estudo para facer parte do experimento a bordo do transbordador espacial antes de lanzar a misión completa por separado, pero o accidente do transbordador espacial Challenger cambiou os plans. En 1993 a NASA puxo os fondos para comezar a desenvolver a misión, que estive cerca de cancelarse varias veces por sobrecusto ata que finalmente foi lanzada en 2004.[2][5][6]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads