Grou (constelación)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Grus ou Grou[1] é unha constelación austral. É unha das 20 constelacións creadas por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre os anos 1595 e 1597, e a súa primeira aparición é no libro Uranometria de Johann Bayer no 1603. Un nome alternativo (obsoleto na actualidade) para esta constelación era, Phoenicopterus (latín para flamengo), que foi usado en Inglaterra durante o século XVII[2].
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Grus (homónimos).
Remove ads
Historia e mitoloxía
Ata o século XVII, Grus foi considerada parte de Piscis Austrinus. Os nomes, en lingua árabe, de moitas das súas estrelas reflicten esta clasificación. Dado que foi creada no século XVII non ten mitoloxía relacionada.
Estrelas
Estrelas principais
- α Gruis (Al Nair ou Alnair), estrela subxigante branco-azulada de magnitude 1,73, a máis brillante da constelación. Atópase a pouco máis de 100 anos luz.
- β Gruis, xigante vermella e variable irregular cun brillo que varía entre magnitude 2,0 e 2,3.
- γ Gruis (Aldhanab), xigante branco-azulada de magnitude 3,01.
- δ Gruis, denominación compartida por dúas estrelas distintas: δ1 Gruis, unha xigante amarela de magnitude 3,97, e δ2 Gruis, xigante vermella e variable irregular de magnitude 4,12. Pensase que as dúas estrelas non están fisicamente relacionadas.
- τ Gruis, denominación compartida por tres estrelas diferentes: τ1 Gruis, estrela amarela a 109 anos luz da Terra onde se descubriu un planeta extrasolar, τ2 Gruis, estrela binaria composta por dúas ananas amarelas, e τ3 Gruis, estrela Am cun espectro peculiar.
Outras estrelas con designación de Bayer
- ε Gru 3,49; ζ Gru 4,11; η Gru 4,84; θ Gru 4,28; ι Gru 3,88; κ Gru 5,37; λ Gru 4,47; μ1 Gru 4,79; μ2 Gru 5,11; ν Gru 5,47; ξ Gru 5,29; ο Gru 5,53; π1 Gru 6,42; π2 Gru 5,62; ρ Gru 4,84; σ1 Gru 6,28; σ2 Gru 5,85; υ Gru 5,62; φ Gru 5,54
Outras estrelas
- HD 211415 (HR 8501), estrela binaria composta por unha anana amarela semellante ó Sol de magnitude 5,37 e unha anana vermella separadas 3 segundos de arco. Áchase a 44 anos luz de distancia.
- BZ Gruis (HD 208435), estrela variable Delta Scuti cunha variación de brillo de 0,08 magnitudes.
- CC Gruis (HD 214441), tamén unha variable Delta Scuti cunha oscilación no seu brillo de 0,06 magnitudes.
- HD 213240, anana amarela cun planeta do tipo W (xigante de auga).
- HD 208487, estrela semellante ó Sol onde tamén se descubriu un planeta.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
