Microscopio (constelación)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Microscopium ou Microscopio[1] é unha pequena constelación austral introducida por Nicolas Louis de Lacaille. Estas estrelas son moi febles.
Remove ads
Historia
Dado que Microscopium foi descuberta no século XVII, e que se atopa moi preto do polo sur non foi coñecida por culturas clásicas, polo tanto non hai mitoloxía relacionada.
Estrelas
Estrelas principais
- α Microscopii, cuarta estrela máis brillante da constelación con magnitude 4.89, é unha xigante amarela a 380 anos luz de distancia.
- γ Microscopii, con magnitude 4,67 é a estrela máis brillante da constelación e tamén unha xigante amarela.
- θ Microscopii, denominación compartida por dúas estrelas distintas: θ1 Microscopii, de magnitude 4,80, unha variable Alfa2 Canum Venaticorum a 187 anos luz; θ2 Microscopii, xigante branca de magnitude 5,76 unhas tres veces máis afastada.
Outras estrelas con designación de Bayer
- β Mic 6,06; δ Mic 5,69; ε Mic 4,71; ζ Mic 5,32; η Mic 5,55; ι Mic 5,11; ν Mic 5,12
Outras estrelas notables
- AT Microscopii (GJ 799), estrela binaria composta por dúas ananas vermellas, unha delas unha estrela fulgurante. Atópase a 33 anos luz de distancia.
- AU Microscopii (GJ 803), con magnitude 6,61 posúe un disco protoplanetario; situada a só 1,2 anos luz de AT Microscopii probablemente forma un sistema estelar triplo con ela.
- BO Microscopii, estrela nova cunhas erupcións que foron estudadas na franxa de rayos X.
- Lacaille 8760 (AX Microscopii), anana vermella e estrela fulgurante de magnitude 6,67 situada a 12,8 anos luz.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
