Gueixa

From Wikipedia, the free encyclopedia

Gueixa
Remove ads

As gueixas[1] (芸者 geisha?), geiko (芸子/芸妓?) ou geigi (芸妓?) son artistas femininas xaponesas tradicionais que actúan como anfitrioas. As súas habilidades inclúen varias artes como a música clásica, a danza, os xogos, e a conversa, tradicionalmente para entreter clientes masculinos, mais tamén clientes femininas no presente. Contrariamente á opinión popular, as gueixas non son un equivalente oriental das prostitutas, senón que a condición de gueixa é cultural, simbólica e chea de status, delicadeza e tradición. Ó longo dos séculos, ese contexto foi desenvolvido polo perfeccionamento da técnica desas artes e pola estrutura ríxida necesaria para se converter nunha gueixa.

Thumb
Perfil da gueixa Kimiha de Miyagawacho, levando un kimono negro formal (tomesode) e un nihongami de estilo shimada.
Thumb
Geiko Tsunemomo de Gion Higashi
Thumb
Escritura kanji da verba geisha (lit. ‘persoa das artes’).
Remove ads

Etimoloxía

Gueixa (pron: /'ɡeiʃa/; xaponés: [ɡe̞ːɕa̠]),[2] como todos os substantivos xaponeses, non ten singular distinto ou variantes plurais. A palabra está composta por dous kanji, gei (芸), que quere dicir "arte", e sha (者), que quere dicir "persoa" ou "practicante". A tradución máis literal de gueixa sería "artista", "persoa que fai arte".[3] Outro nome para gueixa é geiko (芸子), que é normalmente empregado para referirse á gueixa do oeste do Xapón, rexión que inclúe Kyoto.

As aprendices de gueixa son chamadas maiko (舞子 ou 舞妓), literalmente "pequena danzarina", ou hangyuku (半玉), "media xoia" (o que significa que elas son pagadas soamente coa metade do salario dunha gueixa completa),[4] ou polo termo máis xenérico o-shaku (御酌), literalmente "aquela que derrama (alcohol)".

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads