Guerra dos Dez Anos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Guerra dos Dez Anos,[9] Guerra do 68 ou Guerra Grande (1868 - 1878), tamén coñecida en España como Guerra de Cuba, foi a primeira das tres guerras cubanas de independencia contra as forzas coloniais españolas. A guerra comezou coa primeira declaración de independencia, o Manifesto da Xunta Revolucionaria de Cuba, máis coñecido como o Grito de Yara, na noite do 9 ao 10 de outubro de 1868,[10] na herdade La Demajagua, en Manzanillo, que pertencía a Carlos Manuel de Céspedes.[9]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Guerra de Cuba.

Rematou dez anos máis tarde coa Paz de Zanjón ou Pacto de Zanjón (10 de febreiro de 1878),[11] onde se estableceu a capitulación do Exército Independentista Cubano fronte ás tropas españolas. Este acordo non garantira ningún dos dous obxectivos fundamentais da guerra: a independencia de Cuba e a abolición da escravitude. Por dicha razón, grupos dispersos de patriotas cubanos continuaron loitando durante a maior parte do ano 1878 e intentarían reiniciar a loita durante a chamada Guerra Chiquita (1879 - 1880).
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads