Guillermo Lago

político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Guillermo Lago
Remove ads

Guillermo Lago Pérez, nado na Gudiña o 26 de xullo de 1944 e finado en Verín o 21 de xaneiro de 2016, foi un político galego do PPdeG.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Thumb
Nicho no cemiterio da Gudiña.

Profesionalmente foi funcionario da Xunta. Aínda que inicialmente fora afiliado á UCD e a Coalición Galega, forzas coas que foi concelleiro, nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura de Alianza Popular á alcaldía da Gudiña e foi elixido alcalde co apoio de Coalición Progresista Galega. Nas seguintes eleccións foi substituído por Néstor Ogando. En outubro de 1992 recuperou a alcaldía mediante unha moción de censura. Nas municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. Faleceu en xaneiro de 2016 por mor dun infarto[1].

Predecesor:
Jesús Barros
 
Alcalde da Gudiña
 
1987 - 1991
Sucesor:
Néstor Ogando
Predecesor:
Néstor Ogando
 
Alcalde da Gudiña
 
1992 - 2016
Sucesor:
José María Lago Cabo
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads