Johan Ernst Gunnerus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Johan Ernst Gunnerus, nado en Christiania (Oslo) o 26 de febreiro de 1718 e finado en Kristiansund (Noruega) o 23 de setembro de 1773, foi un naturalista, profesor, botánico, micólogo e bispo noruegués.
Remove ads
Traxectoria
Gunnerus naceu en Christiania. Foi bispo de Trondheim desde 1758, e profesor de teoloxía na Universidade de Copenhaguen.
Gunnerus tiñaa un grande interese pola historia natural e acumulou unha gran colección de espécimes das súas excursións polo centro e o norte de Noruega. Tamén solicitaba aos seus coñecidos que llos enviaran.
Xunto co historiador Gerhard Schönning e Peter Friederich Suhm fundou a Sociedade Trondheim en 1760.
En 1767 recoñecéuselle o seu labor nomeándoo membro da Real Sociedade das Ciencias e as Letras de Noruega, da que foi vicepresidente e Director Perpetuus desde 1767 a 1773.
A Sociedade comezou a publicar, en 1761, un semanario titulado Det Trondhiemske Selskabs Skrifter, actualmente publicado como Det Kongelige Norske Videnskabers Selskabs Skrifter.
En 1765 Gunnerus publicou a descrición dun tiburón neste semanario, dándolle o nome científico de Squalus maximius, hoxe denominado Cetorhinus maximus (Gunnerus).
Gunnerus foi o primeiro en suxerir que as luces do norte (auroras boreais estaban causadas polo Sol, e que tamén podería haber auroras polares ao redor da Lúna, Venus e Mercurio.
Remove ads
Epónimos
O xénero de plantas Gunnera L. 1756 foi nomeado na súa honra.
Abreviaturas
Véxase tamén
| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Johan Ernst Gunnerus |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Johan Ernst Gunnerus |
Ligazóns externas
- Johan Ernst Gunnerus en IPNI (Índice Internacional de Nomes das Plantas). (en inglés) Consultada o 9/12/2012.
- Publicacións de Gunnerus Arquivado 19 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. en GDZ. Consultada o 9/12/2012.
- Libros de e sobre Gunnerus en WorldCat. Consultada o 9/12/2012.
- Biografía de Gunnerus en Nordisk familjebok. (en noruegués) Consultada o 9/12/2012.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
