Peixe bobo

especie de peixe From Wikipedia, the free encyclopedia

Peixe bobo
Remove ads

O peixe bobo, peixe momo, mormoso, momo ou peixorro,[2][3][4][5] ás veces chamado tamén tiburón peregrino,[6][7][8] de nome científico Cetorhinus maximus, é unha especie de elasmobranquio da orde dos lamniformes (Lamniformes), único representante vivo da familia dos cetorrínidos (Cetorhinidae).[9] É o segundo peixe máis grande do mundo,[10] xa que pode alcanzar como máximo os 10 m de lonxitude e as catro toneladas de peso [9] (normalmente alcanzan da orde dos 9 m os machos e 8–9 m as femias, pero segundo algúns autores, poden chegar até os 12 m, cun peso de até 10 t.[11]

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...

Aínda que a súa silueta recorda á dun tiburón cazador, con forma hidrodinámica e fociño agudo, aliméntase de organismos planctónicos (zooplancto, peixes pequenos e invertebrados) filtrando a auga, para o que nada, moi lentamente, cunha velocidade de cruceiro aproximada duns 2 nós [4][12](quizais a isto se deban os seus nomes populares galegos), coa gran boca aberta até facela redonda que filtra a auga (a razón dunhas 1 500 t por hora) a través dunhas inmensas branquias.[12]

Divisados moitas veces cerca das costas (en mares do norte de Europa no verán, e no inverno nos mares máis temperados, nas costas de África, Portugal, Galicia [13] e o resto de España), os peixes bobos son un obxectivo frecuente dos ecoturistas, pois pódense ver comunmente na superficie e ademais son moi tolerantes coa presenza dos homes (outro motivo para os nomes galegos da especie).

Ao igual que outras especies de tiburóns, os mormosos, especialmente polos factores anteriormente citados, foron obxecto dunha intensa caza por parte dos pescadores. O seu enorme tamaño converteunos no pasado en animais altamente rendíbeis para os barcos de pesca comercial; tan só un deles pode xerar até unha tonelada de carne, e o seu fígado, rico en vitaminas, pode representar entre o 25 e o 30 % do peso total do animal,[12] e del poden extraerse entre 6 e 15 hl de aceite.[14]

Debido á grande persecución e explotación de que foron obxecto no pasado, os peixes bobos están agora protexidos por lei na maioría dos países, e a Unión Internacional para a Conservación da Natureza cualifica o seu estado de conservación como VU (vulnerábel).[11] De todos os xeitos, segue sendo obxecto de pesca polos xaponeses, sobre todo polo aceite que se extrae do seu fígado.

Remove ads

Descrición

As principais características do peixe bobo son as seguintes:[4]

Thumb
Peixe bobo macho.
Thumb
Cabeza de peixe bobo coa boca parcialmente aberta.
  • Corpo fusiforme, de gran tamaño e moderadamente forte.
  • Fociño cónico, apuntado, e non deprimido; existen diferenzas entre os adultos e os xuvenís (até que alcanzan un tamaño de 4 ou 5 m de lonxitude), posuíndo estes últimos o fociño máis pequeno en relación ao tamaño da cabeza, e moito máis estreito, de xeito que semella unha trompa achatada superiormente e afiada na súa extremidade.
  • Boca grande e arqueada, na rexión ventral da cabeza.
  • Fendeduras branquiais moi grandes, estendéndose nas superficies ventral e dorsal da cabeza e sendo todas anteriores á base das aletas pectorais. Os arcos branquiais están transformados nunha masa compacta debido a uns longos filamentos córneos, denominados braquiespiñas, que forman o aparello filtrador.[14]
  • Dentes moi pequenos, como anzois, dispostos en 200 columnas e separados os anteriores dos laterais no maxilar superior por un amplo diastema ou segmento sen dentes.
  • Primeira aleta dorsal grande, alta, erecta e angular. A segunda aleta dorsal e a anal moderadamente grandes (pero menos que a metade da primeira dorsal). Aletas pelvianas máis pequenas que a primeira dorsal e maiores que a segunda. Aletas pectorais pequenas e ríxidas. Aleta caudal grande, en forma de lúa crecente, co lobo superior moderadamente longo, pero menor que 1/3 do resto do tiburón.
  • Pedúnculo caudal deprimido, con quillas laterais fortes.
Remove ads

Historia natural

Peixes de distribución peláxica, pódense encontrar tanto preto da costa (ás veces en pequenas baías) como afastados. Viven sos ou en reunidos en pequenos cardumes, e realizan longas migracións (de aí o epíteto de peregrino que se lle dá en moitos idiomas), con segregación de poboación en función da estación.[4][12]

Thumb
Peixe bobo alimentándose por filtración en augas da illa de Dursey (Irlanda).

Aliméntase por filtración.

Alcanzan a madurez sexual cando chegan aos 7 m de lonxitude (a unha idade de 3-4 anos). Vivíparos, probabelmente con canibalismo intrauterino,[15] a femia ten un período de xestación de 3 anos, e pare dunha a dúas crías que miden máis de 1,70 m ao naceren.[12]

De crecemento lento, sofren períodos de perda do aparello filtrador.[4] No Atlántico norte, perden este aparello en novembro, formándose de novo en febreiro, de xeito que se pode inferir que estes tiburóns non se alimentan durante o inverno, cando existe, con todo, plancto; algúns científicos supoñen que durante este período os momos xacen pasivamente no fonodo do océano, e que utilizan o seu enorme fígado como almacén de enerxía; porén, tamén se postulou que, cando carecen de braquiespiñas se alimentan de animais bentónicos.[12]

Remove ads

Importancia para os seres humanos

Historicamente, o peixe bobo foi un elemento básico da pesca industrial nalgunhas zonas de augas frías en altas latitudes, debido á súa lenta velocidade de natación, a súa natureza inofensiva e a abundante presenza de exemplares no pasado. Comercialmente, o mormoso empregouse para finalidades moi distintas: carne para a alimentación e para a fabricación de fariña de peixe, diferentes usos da pel e do seu gran fígado (que ten un alto contido en aceite). Na actualidade, péscase principalmente polas súas aletas (para cociñar sopa de aleta de tiburón). Outras partes do animal, como as cartilaxes de tiburón, tamén se utilizan na medicina tradicional chinesa e son consideradas, sen fundamento científico ningún, como un afrodisíaco no Xapón.

Como resultado da rápida diminución dos exemplares, o peixe bobo está parcialmente protexido e o comercio dos seus produtos está restrinxido ou prohibido en moitos países. Está totalmente protexido no Reino Unido, en Malta e nos Estados Unidos así como en gran parte das augas do océano Atlántico e en grandes zonas do mar Mediterráneo, así como en Nova Zelandia.

Thumb
O "marabilloso peixe" descrito en Harper's Weekly, 1868, tratábase moi probabelmente dos restos dun gran peixe bobo.

Nos últimos anos están florecendo os safaris fotográficos onde os nadadores se acercan aos mormosos con absoluta tranquilidade, dada a natureza inofensiva e tolerante destes tiburóns cos mergulladores e as embarcacións, o que constitúe unha importante fonte de ingresos turísticos en áreas habitualmente deprimidas e sen grandes recursos económicos.

Os peixes bobos na criptozooloxía

Debido a que moitas veces cando se pescaban, o corpo dos mormosos era botado ao mar, despois de sacarlles as aletas e o fígado, en varias ocasións, durante o século XIX, os seus restos foron fonte de moitos informes de avistamentos de fabulosas "serpes mariñas" [12] ou incluso confundidos con plesiosauros. Outros exemplares en descomposición, como o lendario monstro de Stronsay (Escocia), foron identificados máis tarde como peixes bobos.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads