Gunrod
caudillo vikingo From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Gunrod[1][2], Gunrød, Gudrød ou Gunderedo[3][4] (do nórdico antigo: Guðrǫðr) (m. 970) foi un caudillo viquingo noruegués considerado rei do mar (sækonungr). Posibelmente Gunrod tivese parentesco familiar, primo ou irmán, con Harald II de Noruega.[5]
Remove ads
Traxectoria
Dende as súas bases permanentes no Loira[6] lanzou sanguentas incursións nas costas cantábricas da Península Ibérica con cen naves armadas no 968,[7] asentándose en Galiza durante un ano enteiro.[8] En marzo de 968 Gunrod chegou ás portas de Santiago de Compostela, o bispo Sisnando Menéndez encargouse da defensa e o 29 de marzo de 968 enfrontouse aos viquingos na batalla de Fornelos, foi derrotado e morreu dun frechazo. Os viquingos entraron na cidade sen máis resistencia.
O conde Gonzalo Sánchez rematou coa aventura viquinga no ano 970 lanzando un ataque cun poderoso exército que venceu aos nórdicos en cruenta batalla e tras capturar a Gunrod e os superviventes da súa frota, pasounos a todos a coitelo.[9] Unha resposta tan sanguenta probabelmente debeuse a que no século X se chegou a dicir que, vistos os precedentes de expedicións previas, o viquingo era peor inimigo que o mouro.[10]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads